| |
¿Por que te escondes de min dentro desa esfera con pequenos
orificios e liñas alargadas, rectas e curvas que cobren a
esfera para que a temperatura non baixe de 36º?
¿Por que ese semicírculo con pequenos polígonos
de catro lados irregulares e brancos, cando me miras coas túas
esferas marróns?
¿Por que fas que expulse H20 con sales minerais polas miñas
esferas azuis cada vez que emites un son cunha forza de dous newtons
intentando que o meu corpo estea cerca do teu?
Non sei o que pasa no meu interior, pero cada vez que a túa
presencia me inunda ou o teu corpo se reflicte nas miñas
pupilas, atravesando a córnea e é levado ó
meu cerebro a través dos nervios oculares, o meu órgano
fundamental que bombea sangue ó resto dos órganos
do corpo, dá un xiro de 360º ó leste, facendo
tremer as miñas extremidades, o meu tronco e a miña
esfera que contén materia gris, ou tamén chamada masa
encefálica, que non sei por qué, pero pensa en ti
as 24 horas, 1440 minutos, ou o que é o mesmo 86.400 segundos.
Ámote
Lucía Lugrís Casares
1º Bac-B
|
|