| |
Namorar
Cando un está namorado todo lle semella de cor de rosa. Non
nos preocupa nada, sentímonos illados, sen preocupacións,
lonxe deste mundo traidor e problemático. Se se está
namorado/a non hai problema que nos faga afundir nun mundo de soidade.
Aínda que neste mundo do amor tamén existe algunha
complicación, como por exemplo os malditos celos. Ese sentimento
que nos pon de mal humor, que non nos deixa vivir; eles encárganse
de amargarnos a festa, de ferirnos o corazón. a pesares que
moitas veces aconsellámonos a nós mesmos pasar deles,
non somos capaces, os celos sempre estarán aí, coma
unha sombra que endexamais te abandonará, que perdurará
ó teu carón.
q Os tímidos
Hai persoas que viven o amor mergulladas en si mesmas, que non se
atreven a mirar ós ollos á persoa que queren, é
superior a elas. Aconséllolles que se lancen a por el/ela
porque se seguen así nunca conseguirán o que queren,
xa que seguramente haberá no seu camiño outras persoas
lles quitarán a persoa amada.
Daquela estas persoas calan e comen para si mesmas a amargura que
senten no seu corazón. Cando sucede isto é coma se
che cravasen unha agulla aló, nas profundidades do seu corazón.
Claro que nese momento, ó contrario do que dicía ó
principio, volven a atacarnos os problemas, porque non temos nada
en que apoiarnos, e cando unha cousa che sae mal volves caer nese
mundo negro, escuro...
En definitiva, eu só digo que así non se pode seguir,
que hai que cambiar isto, este sentimento, a timidez, que nos mata
e que nunca deixará vivir o amor se non lle facemos fronte.
Hai que opoñerse a esta timidez, hai que vencela, hai que
facela desaparecer para vivir este sentimento alegre, bonito e á
mesma vez traidor que é o amor; que nos leva mesmo ata o
fin do mundo para conseguilo.
Mirta Sueiro Costoya.
|
|