| |
Érase unha vez un rapaz chamado Xoán que vivía
nunha vila chamada A Porteira. Vivía na casa cos seus pais
e cos seus dous irmáns, Serxio e Lorena, e ía á
escola que estaba a uns tres quilómetros de alí. Xoán
tiña un can que se chamaba Tobi. O can regalárallo
o seu tío Antón e Xoán queríalle moito
Un día na súa casa mataron os porcos e ó can
gustáballe estar ó lado deles, por se caía
algún cacho de carne ó chan. Ó día seguinte
á matanza, pola mañá, o can estaba na casa,
pero despois de xantar o can desapareceu. Ninguén se deu
conta porque era habitual que fose para a casa do veciño.
Ó cabo de tres días o can non aparecía, e foi
entón cando notaron a falta do can. Foron preguntar á
casa do veciño e alí dixéronlles que non o
vían dende o luns. Logo foron ás outras casas dos
outros veciños e dixéronlles o mesmo.
Como o can era moi bo, pois ía coas vacas e traías
de volta, decidiron ir na súa busca. Foron por todos lados
a mirar se o atopaban mentres que dicían: "¡Tobiii,
volve por favor!" Pero nin rastro de Tobi. Andaban todos moi
desesperados, pais e fillos, pero sobre todo Xoán.
Despois decidiron ir buscalo cada un polo seu lado, un polo prado,
outro polo monte e outro polo río. Así o fixeron e
Xoán preguntoulle a seu pai:
- ¿Ti cres que estará vivo?
- Si, home, si ¿cómo non vai a estar vivo? Co paso
dos días atoparémolo. ¡Ánimo!
Marcharon á procura do can, pero contra a noite, cando
chegaron, ningún traía rastro do can. Xoán
púxose detrás da cociña e botouse a chorar.
A súa nai preguntoulle:
- ¿Por qué choras? ¿Qué che pasa?
- Nada, ¡que me ha pasar...! Só que estes días
non paro de pensar en Tobi, onde estará, se estará
vivo ou estará morto, se pasará fame ou non...
O día seguinte seguiron buscando. O día anterior
non se acordaran de ir mirar ós contedores do lixo, porque
a el gustáballe ir dar unha volta por si había algo
de comida ou algún animal. Entón foron mirar alí,
pero non o atoparon; atoparon outro can parecido a Tobi, pero non
o era.
Estiveron sete días buscando a Tobi por todos os lados, pero
non o atoparon. Entón decidiron ir á canceira municipal
que había na vila da Porteira. Era una canceira moi grande,
collían máis de 500 cans, tíñanos metidos
nunhas gaiolas de ferro e non podían saír para ningún
sitio.
Segundo entraron pola porta da canceira municipal xa viron a Tobi,
que empezou a ladrar e saltar coa emoción. Dixéronlle
ó señor que os acompañaba que aquel era o seu
can, collérono, metérono no coche e levárono
para casa.
Déronlle de comer todo o que quixo e despois déronlle
unha bañadura en condicións, porque tiña moita
lama polo corpo adiante. Logo botárono polo xardín
e foi para a súa caseta tan boa e tan grande que tiña.
Encontrouse moi feliz cando volveu ver a todos os animais que había
naquela casa: as vacas, os gatos, as galiñas, os coellos...
Xoán colleu a Tobi e foi ás casas dos veciños
a ensinarllo, para dicirlles que o atoparan na canceira municipal
san e forte. Entón Xoán decidiu ir na súa bicicleta
a canceira a darlles as gracias porque llo colleran e llo mantiveran
durante os días que estivera perdido por aí.
Na casa de Xoán todos estaban felices porque atoparan a Tobi,
sobre todo Xoán. Ese día fixeron á noite unha
gran festa e invitaron a todos os familiares.
FIN
David Vázquez Cea. 1º de ESO
|
|