INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

O IES DE MELIDE RESPONDE

 
 


Foi no curso pasado 2001-2002, nos meses de abril e maio, cando os meus alumnos de "Métodos estatísticos e numéricos" se lanzaron a realizar un estudio estatístico no centro.
É sobradamente coñecido que, en ocasións, os alumnos levan un peso ás costas que ben se podería considerar excesivo. Isto motivou a idea de facer un estudio sobre o peso que os alumnos de ESO e Bacharelato do IES de Melide cargan ó longo do día. Ademáis, aproveitando a ocasión, realizamos unha enquisa sobre temas de actualidade.
Sempre que se fai un estudio estatístico, débense fixar os criterios e condicións nas que se desenvolve; é dicir, hai que deixar claro cal é a "ficha" do estudio que estamos a realizar: poboación, individuos, tamaño da mostra, forma de elección da mostra, características a estudiar.
Denominamos poboación ós alumnos do IES de Melide que cursan ESO e BAC e a cada un destes alumnos da poboación chamámoslle individuo. A principal característica a estudiar sería o peso do material escolar.
Como resultaba imposible (ou cun coste de traballo e tempo importante) observar tódolos individuos da poboación, decidimos centrarnos só nun subconxunto da poboación, chamado mostra. Como no IES non se realizara ninguna experiencia similar anteriormente, o tamaño da mostra decidímolo por consenso. Así ben, tomamos como tamaño mostral 82 alumnos.
Considerámola poboación dividida en distintos grupos (estratos) nos que, aparentemente o peso podería ser máis homoxéneo. Resumindo, levamos a cabo unha "mostraxe estratificada" na que os estratos eran os seis cursos de LOXSE que se imparten no centro (catro cursos de ESO e dous cursos de Bacharelato) e o número de individuos da mostra pertencentes a cada estrato elixiuse respectando as proporcións poboacionais de cada estrato (canto máis grande era un estrato, máis individuos dese estrato se elixían para a mostra). É resaltable que, aínda que a elección foi aleatoria (ó chou), o número de homes e mulleres foi aproximadamente o mesmo.
Unha vez confeccionada a enquisa, chegou o momento de ir polas aulas recollendo os datos ("TRABALLO DE CAMPO"). Para isto contamos, en todo momento, coa colaboración do profesorado e do alumnado.

ANÁLISE DOS RESULTADOS OBTIDOS NO PESO

Cos resultados obtidos, o peso medio do material escolar que os alumnos da mostra traen ó centro un día lectivo é de 5,057 Kg cunha desviación típica de s=1,975 Kg. É dicir, a diferencia entre o peso máximo (9,5 Kg) e o peso mínimo (0 Kg) respeto á media é bastante grande.
Para os homes, o peso medio foi de 4,977 Kg., mentras que para as mulleres foi de 5,146 Kg. Vemos que, aínda que as mulleres veñen máis cargadas, o peso non é moi variable.
Por cursos, podemos estimar que os alumnos de 1º de ESO son os que veñen máis cargados (peso medio 6,614 Kg), seguidos dos de 2º de ESO (peso medio 5,937 Kg). Por outro bando, en 3º e 4º de ESO e 1º de BAC hai un descenso no peso medio (4,165 Kg, 4,041 Kg e 4,410 Kg respetivamente), mentras que en 2º de BAC volve aumentar (peso medio 5,057 Kg). Para mostra-los datos anteriores, pode observarse a seguinte táboa:

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC TOTAL
Media 6,614 5,937 4,165 4,041 4,410 5,437 5,057
Tamaño mostral 14 16 17 17 10 8 82
Desviación típica 1,521 1,972 1,468 1,327 1,928 2,635 1,975


Coa axuda da estatística, podemos ademáis asegurar que o peso medio do material escolar dos alumnos de ESO e BAC do IES de Melide, estará entre 4,630 Kg. e 5,484 Kg. cunha probabilidade do 95%; isto é, 95 de cada 100 alumnos do IES de Melide cargarían cun peso que oscilaría entre 4,630 Kg. E 5,484 Kg.
ANÁLISE DOS RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE TEMAS DE ACTUALIDADE


"¿Estás de acordo coa legalización das drogas brandas?"
O 63,4% dos enquisados responderon non, mentras o 34,1% responderon sí e o 2,4% non sabe/non contesta. Por sexos, dos 42 homes enquisados soamente 13 responderon sí, e das 40 mulleres foron 15 as que sí estaban de acordo coa legalización das drogas brandas.

"¿Eres fumador?"
O 81,7% contestaron que non e o 18,3% restante dixeron que sí. Por sexos, dos 42 homes enquisados fuman 6 e das 40 mulleres fuman 9.

"¿Bebes alcohol habitualmente cando saes cos amigos?"
O 85,4% responderon non e o 14,6% sí. Por sexos, dos 42 homes tan só 7 deles dixeron sí beber alcohol e das 40 mulleres, 5 beben alcohol.

"¿Estás a favor do botellón?"
O 59,8% non queren o botellón, e o 40,2% sí o queren. Ademáis, 18 dos 42 homes están a favor do botellón e tamén o están 15 das 40 mulleres.

"¿Tes pensado ir á Universidade?"
O 36,6% dos enquisados non pensan ir á Universidade, o 59,8% sí pensan ir e o 3,7% restante non sabe/non contesta. Por sexos, son máis partidarias a ir á Universidade as mulleres pois 28 das 40 enquisadas responderon que sí, mentras que só 21 dos 42 homes responderon tamén que sí.

"¿Tes pensado facer algún Ciclo Formativo?"
Non teñen pensado facer un ciclo o 48,8% dos enquisados, mentras que outro 48,8% sí queren facelo e o 2,4% restante está indeciso. Por sexos, 18 dos 42 homes responderon que sí, fronte ás 22 das 40 mulleres que dixeron sí.

"¿Ves o programa de televisión Gran Hermano?"
O 54,9% sí vían o programa e o 45,1% restante non. As mulleres eran as que máis vían o programa pois 19 das 40 enquisadas sí o vían, fronte ós 18 dos 42 homes que o vían.
Este resultado afecta a GH3; ¿cres que a edición actual GH4 terá tanto éxito como tivo a anterior?.

"¿Viches o programa de televisión Operación Triunfo?"
O 30,5% dos alumnos enquisados dixeron non ve-lo programa e o 69,5% restante sí que o viron. Ademáis, as mulleres seguen a ser maiores seguidoras do programa, pois 36 das 40 sí que o viron, fronte ós 21 homes que tamén o viron.
Pode ser tamén interesante resaltar que os que viron Gran Hermano viron tamén, na súa maioría, Operación Triunfo. Sen embargo, un número importante dos seguidores de OT non o foron de GH.

"¿Poderías vivir sen a televisión?"
O 52,4% dos enquisados non podería vivir sen ve-la televisión, mentras que o 47,6% sí poderían. Por sexos, os homes mostran unha maior necesidade da televisión, pois 24 dos 42 homes din non poder vivir sen ela, fronte as 19 das 40 mulleres que responderon o mesmo.

"¿Qué medio de comunicación prefires para segui-las retransmisións deportivas?"
O 23,2% non segue as retransmisións en ningún medio, o 6,1% elixe a radio, o 68,3% a televisión, o 1,2% ámbalas dúas e o 1,2% non sabe/non contesta. Por sexos, as mulleres mostran menor interese polas retransmisións deportivas, pero tanto homes coma mulleres prefiren maioritariamente a televisión. Pode ser que este feito inflúa dalgún modo en que os homes necesitan máis a televisión.

"¿Le-la prensa diariamente?"
O 74,4% dixo non le-la prensa diariamente, fronte ó 25,6% que dixo sí. Os homes soen ler máis. En efecto, 15 dos 42 homes sí len diariamente a prensa, mentras só 6 das 40 mulleres o fai. ¿Terá isto algo que ver coa prensa deportiva?.

"¿Practicas algún deporte?"
O 26,8% non practican ningún e o 73,2% sí o fai. Os homes mostran ser máis deportistas, xa que 38 dos 42 homes practican deporte, fronte ás 22 das 40 mulleres que tamén o fan.
Sorprendente resulta tamén que os alumnos que residen nunha zona rural practican máis deporte que os que residen nunha zona urbana. Podería ser que o feito de que na zona urbana existan outras actividades alternativas (ciber, cafeterías,salas de xogo,...) tivera algo que ver neste resultado.

"¿Cres que a selección española de fútbol gañará o Mundial?"
Antes de xogarse o mundial, o 46,3% dos enquisados confiaban en que a selección gañase o mundial, fronte ó 53,7% que foron máis realistas. Ademáis, 19 das 40 mulleres enquisadas confiaban na victoria de España e só 19 dos 42 homes o facían.

"¿Pensas doar sangue cando teñas 18 anos?"
O 61% dos alumnos enquisados están dispostos a ser doantes de sangue. Ademáis, 29 das 40 mulleres e 21 dos 42 homes responderon sí estar dispostos a doar. ¿Paréceche este resultado propio duna xuventude solidaria?.

"¿Qué político español valoras máis?"
Nesta pregunta, non é necesario facer un estudio por sexos, xa que o 51,2% non valoran a ningún político. Os que sí se mollaron a dicir un nome, decidiron que o político máis valorado fose Aznar (cun 19,5%), seguido de Beiras e Fraga (cun 8,5% ámbolos dous), de Zapatero e Rodrigo Rato (cun 3,7%), de Mayor Oreja (cun 2,5%) e de Rajoy e Pío Cabanillas (cun 1,2%).
Dende logo, estas respostas mostran claramente que os adolescentes teñen pouco interese pola política e polos políticos. ¿Será porque os políticos non escoitan ós xóvenes ou porque os xóvenes non entenden ós políticos?.

"¿Cres que hai suficiente colaboración entre os partidos políticos para acabar con ETA?"
O 89% opinan que a colaboración non é suficiente. As opinións repítense en homes e mulleres: 36 dos 42 homes e 37 das 40 mulleres responderon que non.

"¿Cántos libros liches no último ano a maiores dos obrigatorios do instituto?"
O 28% non leron ningún, o 54,9% leron de 1 a 3 libros, o 9,8% de 4 a 6 libros, o 1,2% de 7 a 9 libros e o 6,1% leron máis de 9 libros no último ano. Por sexos, as mulleres soen ler máis que os homes pois soamente 7 mulleres non leron ningún libro, fronte os 15 homes que tampouco leron ningún. Vexamos un gráfico de sectores:

Para rematar, sería importante aclarar que as enquisas foron anónimas e que a fiabilidade do estudio estatístico depende da veracidade coa que os enquisados cubriron as respostas.
Espero que nos próximos anos, os alumnos de "Métodos estatísticos e numéricos" se animen tamén a facer algún estudio que poida reflexar como é a xuventude do IES de Melide.

Moitas gracias pola colaboración e ata outra.
Susana Rial Santos

 

Inicio

Oferta Educativa