INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

O MANDO DA TELEVISIÓN

 
 

¿E para que queremos o mando da televisión? Para cando hai publicidade, poidamos coller e cambiar de canle, e poñernos a ver outro programa lixo deses nos que se poñen catro marxinadas a falar da súa vida.
Ese programa tan fermoso de antena tres no que sempre falan de reconciliacións, de que se coñecín a un rapaz en Internet e me namorei del, de que se visto mellor ca os demais, ... e todos eses triviais temas.
A ver se cambiamos un pouco, ¡eh!, que nós tamén estamos interesados noutras cousas como por exemplo música e cine, cultura xeral,... Nós temos personalidade propia, e a televisión estanos a converter no tipo de persoa que eles queren que sexamos. Da publicidade xa non falemos, porque aínda que vós non o pensedes, aféctanos a todos.
Mensaxes lixo para xente sen personalidade. Perdón pola expresión. Non nos deixemos levar por ese mundo de cor rosa que nos fan ver. Fan que vexamos merda, merda e máis merda. E vós tragades con ela, que, ...., do que se come se cría.


Lucía Lugrís Casares 1º Bach.- B


 

Inicio

Oferta Educativa