| |
O móbil é moi útil nalgúns casos excepcionais,
cando se fai unha saída a un lugar máis ou menos apartado;
pero levalo cada día ao IES é un exceso. Converteuse
nun xoguete: fai fotos e envíaas, grava voces ou tons e convérteos
en timbre de chamada, admite cambios na pantalla en forma de novos
logos; ten tamén xogos de pantallas moi básicos, serve
para escoitar música e enviar as famosos mensaxes de texto
SMS. A certas idades esas mensaxes son unha paixón: envíanos
a todas horas e supoñen unha linguaxe críptica e un
tanto afastada da ortografía.
Mal usado, o móbil pode levar a conductas adictivas. Hai
que usalo cando é necesario e retelo na casa para mellor
ocasión se non é imprescindible. Ós adolescentes
sírvelles para marcar a súa adscrición ao grupo.
Haberá que ir con coidado e lograr que dende pequenos todos
os meniños vivan a sobriedade e entendan que para ser aceptados
nunha pandilla non val a pena gastarse os 300 euros que valen estes
aparellos.
Respecto ao walkman, ou ao discman que lee CDs, os adolescentes
corren o perigo de illarse dun modo total cós cascos. A música
pode provir da compra ou do pirateo. Se é do pirateo supón
moitas horas de copiar CDs ou de baixar música, cancións
ou albumes en MP3 da Rede. Dise que escoitar música cós
cascos supón un autismo social que non só carga o
cerebro de decibelios, se non que esixe pasar moitas horas ante
as pantallas vendo vídeo - clips, sobre todo ante o ordenador,
conectado a internet.
RODRIGO AYUDE PUGA B1B
|
|