| |
Manuel Curros Enríquez tiña o corpo rexo, nin grande
nin pequeno. A cor moi morena, o nariz fino e ben perfilado, as
faíscas dos ollos a brillar detrás dos vidros dos
lentes e as barbas e os cabelos negros como as amoras das silveiras.
As barbas longas ata pousaren no peito eran as dun profeta; mais
o cabelo, erguéndose en penachos sobre da fronte ancha, sinalaba
a desconformidade e a rebeldía dun temperamento. No fondo
do seu interior había unha arela de xustiza e a tendencia
a toma-la actitude dun tribuno que defende con verbas de lume ós
febles e ós pobres e ós que non se poden valer: mais,
ó mesmo tempo, o seu carácter teimoso, agrilloado
a un credo, forte e desgarbado fixo que ás veces a expresión
das súas xenreiras e das súas preferencias derivase
por canles desviadas; e que as pedras saídas da súa
catapulta de poeta fosen bater onde non debían.
Eva Vázquez Naviza- 1º ESO- D
|
|