INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

OS ALCÁNTARA VOLVEN A TELEVISIÓN

 
 

Supoño que todos veriades algunha vez "Cuéntame",ou que polo menos teredes oído falar del ¿non?
Bueno, pois como todos sabedes, "Cuéntame", unha das series máis exitosas da TVE, situase nos anos 70, que vive intensamente a época do franquismo, tendo como protagonistas á familia Alcántara, formada polo matrimonio Antonio (Inmanol Arias) e Mercedes (Ana Duato),cos seus tres fillos: Toni (Pablo Rivero), Inés (Irene Visedo) e Carlos (Ricardo Gómez), o benxamín. E por descontado as avoas: Herminia (María Galiana), a materna, e Doña Pura (Terele Pávez), a paterna.
Á parte tamén están os secundarios de sempre como Don Pablo (Pepe Sancho), Cervan (Tony Leblanc), Tinín (Enrique San Francisco), Don Eugenio (Pere Ponce), Pili (Livia Rojo), Valentina (Alicia Hermida), Nieves (Rosario Pardo), a fichaxe de Asunción (Fiorella Faltoyano) entre outros.
Dado o exitazo da serie, con case seis millóns e medio de espectadores (6.417.000), TVE decidiu renovar o seu contrato ata o 2006, co que me parece estupendo. Está previsto que se graben 26 capítulos e a nova temporada durará ata xuño.
Nestes novos capítulos, a familia Alcántara vivirá intensamente a descomposición da dictadura franquista e soñará con novos horizontes, onde a acción estará ambientada nesta ocasión, na primavera verán do 1970.
Comezan os vertixinosos anos 70 para a familia Alcántara con algúns cambios. Para os que seguides a serie xa saberedes do que estou a falar e para os que non, aquí van algúns anticipos,como a apertura dun novo local de alterne "El Edén", unha das principias novidades en canto a escenarios e personaxes, nada máis e nada menos que unha barra americana, co que revolucionará todo o vecindario do barrio. E un gran cambio nos que estaba inmersa a sociedade daquela época, xa que este tipo de clubes só estaban no centro das cidades e polo visto foronse estendendo ata chegar ós barrios como o da familia protagonista. Aquí daranse situacións do máis divertidas.
No traballo, Antonio xa é todo un experto vendendo pisos sobre plano. Na empresa de D. Pablo sobe o nivel, aínda que Antonio deberá andar con tino co xefe. Antonio deberá desprazarse a Marbella con D.Pablo para asistir á inauguración de Puerto Banús e promocionar alí o seu negocio inmobiliario, pero verase afectado polos chanchullos do seu xefe e o negocio virase abaixo.
O éxito das confeccións de Mercedes e Nieves, Meyni, levaráass a viaxar a París xunto a unha modista, e así estudiar de cerca a alta costura, e incluso de plantearse a deixar España para vivir unha vida nova, xa que Merche atopa en París un mundo moito máis avanzado, onde as mulleres son máis independentes. Dáse de conta que que vale para isto e que lle pode ir moi ben, así que, volve con moitas ideas, con moita ilusión e moi segura de si mesma. Pero non lle resulta tan doado, xa que tense que enfrentar coa realidade dun país como España, mais atrasado, e cun marido que non sabe aceptar que vaia por diante del. Esta terá que adaptarse a unha nova vida: muller traballadora e á vez ama de casa. Pero seguirá centrada en sacar adiante o pequeño taller da confección.
A morte de Doña Pura, a avoa paterna, será outra das novedades, como consecuencia dunha enfermidade cardíaca que padecía e que a levou a abandonar a casa do pobo e trasladarse a vivir a Madrid co seu fillo.
Toni seguirá na súa implicación política e dedicaráse a non "rascar bola" e a andar ata altas horas da madrugada cos amigos.
Inés seguirá consolidando a súa carreira como actriz, pese a oposición dos pais, xa que é o que realmente desexa. E tamén seguirá o seu romance con Diego, profesor de teatro. E Carlitos seguirá coas súas travesuras, xunto ós seus amigos Josete e Luis.
Incluso a presencia dun bebé, que faría avós a Antonio e Merche. Pero...¿de quen?
Tamén se lle dará protagonismo ó Atlético de Madrid (que se convertirá unha forma de dividir as tendencias da familia, posto que Carlitos faise forofo deste club como rechazo ó madridismo do seu pai). A familia Alcántara será testimuña do triunfo do Atlético na Liga. E a "Castañuela 70" (un grupo teatral que supuxo un fenómeno de apertura durante a época do franquismo). O fútbol e o teatro tiveron un especial interés.
Nestes episodios veremos a uns Alcántara máis viaxeiros.Todo isto cuns decorados mellores ós anteriores, se vos fixades por exemplo no piso dos Alcántara, na tenda de Mercedes ou na inmobiliaria, onde están unificados nun só plató na localidade madrileña de Pinto.

Así pois, con todos estes ingredientes que vos dixen regresa "Cuéntame" que faran delicias ós seguidores.
A algúns non lles interesará nada do que acabo de contar, e a outros si, pero dende aquí podo dicir que esta serie é apta para todos os públicos, claro está, e que lla recomendo a toda a xente porque é unha serie moi orixinal e cunha boa formación e calidade, onde nos mostra a realidade tal é como era naqueles tempos.

Lorena Varela- 3ºC

 

Inicio

Oferta Educativa