|
Os rapaces non pensan no dano que poden facer. Pensan que por uns
simples regaliños e un par de palabras xa nos teñen
encarambeladas (pero o peor é que iso é verdade).
Despois dunha curta temporada (1 ou 2 meses ) xa empezaron as mentiras,
e aínda peor, os cornos. E cando non te dás conta,
¡déixante por outra!, que probablemente sexa unha saída.
A maioría deles son iguais, ben, quitando a algúns
que son bos rapaces.
O mellor de todo é que algún día pódelles
pasar a eles e así han saber o que é pasalo mal. Quizais
se arrepintan e quererán volver con vós, pero non
volvades con eles, xa que non merecerá a pena perder máis
o tempo con alguén que non te soubo valorar.
Uns poucos consellos das vosas amigas:
Rakel, Ainara, María e Nuria. S3A
|