| |
O primeiro, amargo como a vida
Tindouf é unha rexión ó suroeste de Arxelia,
unha zona desértica, árida e inhóspita na que
resulta case imposible imaxinar que un ser vivo poida facer algo
máis que intentar sobrevivir. Neste rincón do deserto
do Sahara ó que chaman hammada, fai xa máis de vinteoito
anos comenzou a reescribirse a historia dun pobo que, fuxindo da
dominación marroquí, viuse obrigado a abandonar a
súa verdadeira terra, o Sahara Occidental.
Ó comenzo do exilio sitúase no 1975. cando parecía
que o pobo saharaui comezaba a recupera-la súa independencia
tras unha larga etapa de dominio español, Marrocos inicia
o que se coñece como "a marcha verde", unha invasión
civil e pacífica do territorio que, en realidade, constituiu
o primeiro paso para a ocupación militar, que se inicia formalmente
coa Sinatura dos Acordos Tripartitos de Madrid; a través
deles, o goberno español entrega á administración
do Sahara e olvida a quen ata entón foran os seus cidadáns.
A partir de entón desencadéase unha loita armada que
durará ata 1991 e que obriga a miles de saharauis a abandonar
os seus fogares, as súas pertencas, parte das sùas
familias, a súa vida, en definitiva. Co apoio do goberno
arxelino, refuxianse na hammada de Tindouf, en catro campamentos
denominados wilayas e os nomes dos cales coinciden coas catro provincias
do pais que deixaban atrás: O Aaiun, Smara, Dajla e Auserd.En
1991 as partes en conflicto asinan o alto o fogo e a ONU pon en
marcha un Plan de Paz do que inda hoxe non se viron os resultados.
O segundo, doce como o amor
Ademais das análises e consideracións políticas
que poden e deben facerse deste conflicto, hoxe, o que verdadeiramente
conta é que tras 17 años de guerra e once máis
de sucesivos fracasos do plan de paz, hai nomes propios, nomes de
persoas que espertan diarimente nos campos de refuxiados de Tindouf.
Hoxe, en pleno século XXI, case 200.000 saharauis, co apoio
da solidariedade de multitude de persoas e organizacións
de todo o mundo, continúan, no medio do deserto, a súa
loita por recuperar a súa terra e a súa libertade.
O terceiro, suave como a morte.
É esta unha loita xa sen armas, unha loita digna, apoiada
no esforzo de mulleres que, mentres choran ós seus homes
mortos na guerra ou nun cárcere marroquí, garanten
que os nenos e nenas saharauis teñan unha educación
nos campamentos ata os 16 anos. Mulleres que loitan contra a desnutrición,
contra o po e a calor do deserto, contra as enfermidades que produce
a escaseza da insalubre auga que consomen e contra o olvido. Mulleres
que alegran a desértica monotonía coas súas
melfas de cores, que fan pan, té e fogares, que coidan das
cabras e camelos que lles alimentan mentres, incansablemente, claman
ante a comunidade internacional unha solución xusta para
o seu pobo.
É esta a loita dos nenos e nenas que medran coas vitaminas
da axuda internacional e que xogan descalzos entre as jaimas e as
casas de adobe, alleos a calquera decisión política.
É a loita que se apoia no sacrificio de quen se convertirán
en xoves saharauis, mozos e mozas que non coñeceron nunca
a súa verdadeira terra e que dedican a súa educación,
o seu lecer, e sobre todo, a súa xuventude a intentar recuperala.
É a loita dun pobo para non caer no olvido...
|
|