| |
Agora púxose de moda iso de dicir que vas a un colexio privado.
Neses institutos sóese levar o típico uniforme de
faldiña de pregos ou o típico pantalón de pinzas.
¿E para que?. Din que para non facer distincións entre
os alumnos. ¿Cres que a xente que vai a ese tipo de colexios
é xente con problemas económicos? Ja, Ja, Ja... dáme
a risa. Os uniformes só serven para facer distinción
entre os públicos e os privados.
O que máis me amola é que, aínda nun instituto
público, haxa profesores que se queixen de que se vaia en
chándal, e que comparen o instituto cunha entrevista de traballo....¡en
fin!.
Alá, en tempos atrás, se ías en chándal
o día que non había ximnasia, non che deixaban entrar
na clase. ¡Por Deus!, estamos no século XXI e non todo
o mundo se pode permitir vestir tódolos días de Christian
Dior ou Armand Bassi e senón que poñan uniformes no
IES de Melide.
Lucía Lugrís Casares- 1º Bach. B
|
|