INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

PARA NON ESQUECER...

 
 

Aínda estamos horrorizados polo atentado das Torres xemelgas de Nova York o 11 de setembro do 2001.
Aproveita para facer UN MINUTO de silencio en homenaxe ós 4000 americanos mortos aquela mañá, a maioría civís, covardemente asasinados por terroristas que dudidosamente sabemos quen son.
Xa que estás en silencio garda outros TRECE MINUTOS en homenaxe ós 130.000 mortos nos bombardeos sobre a poboación civil de Irak ordenados por Bush pai na guerra do Golfo.
Aproveita para lembrar que naquela ocasión os americanos tamén fixeron festa, como supostamente os Palestinos aquel 11 de setembro.
Agora 20 MINUTOS máis polos 200.000 iranís mortos polos iraquís con armas e cartos providos a Sadam Hussein polos mesmos americanos que agora claman a súa morte. Outros 15 MINUTOS polos 150.000 rusos e afganos mortos a man do réxime talibán, tamén con armas e ordes de USA, quen foron adestrados (incluído Bin Laden) pola CIA norteamericana, na época de Guerra Fría.
10 MINUTOS máis polos máis de 100.000 xaponeses mortos directa e indirectamente en Hiroshima e Nagasaki, tamén pola acción directa de "La Gran Águila americana".
Si o fixeches, xa estiveches en silencio UNHA HORA (1 minuto por todos os americanos e 59 por TODAS as súas víctimas.......)
Engade UNHA HORA máis polos mortos da Guerra de Vietnam, a cal non é agradable mencionar para os americanos....
Pero a todo isto engade UNHA HORA máis diaria por todas as víctimas inocentes e civís mortas e que seguen morrendo todos os días en Palestina a mans dos xudíos, co visto bo dos americanos.....
E por Panamá?? e por Colombia?? e por Guatemala?? e por Camboia?? e por......??
Ogalla alguén lembre o bombardeo de USA a Bagdad na Guerra do Golfo, onde morreron 18.000 persoas civís inocentes e non 5.000 como nas torres.....ou a matanza de Sabra e Chatila en Palestina, ou na de Jenin.
Alguén o viu na CNN???? ou nalgún canal do mundo???? Alguén pediu XUSTIZA INFINITA????? ou LIBERDADE DURADEIRA???? ou peor aínda alguén pediu vinganza?????
Ogallá os americanos entenderan dunha vez que as traxedias e atrocidades que eles provocan son tan bárbaras e terribles como as dos outros. Ou acaso os mortos de outros pobos doen menos cos seus?
Seguro que o día 11 estivo todo o mundo mirando os especiais que dá a televisión sobre o "World Trade Center". Chorando e pensando nos inocentes mortos. Homenaxeando as familias das víctimas.
Pero tamén teriamos que horrorizarnos o día 12 e o 13 eo 14..... ó ver en Palestina a nai á que os soldados acaban de matar o seu fillo pequeno, ou ó saber (porque xa nin o vemos na televisión) que en Afganistán aínda morren persoas inocentes polos bombardeos americanos sobre a poboación.
QUE CADA UN SAQUE AS SUAS PROPIAS CONCLUSIÓNS.

P.D.-E G.BUSH ESTABA ENTRE OS NOMINADOS PARA NOBEL DA PAZ...........
DIGAMOS NON OS QUE PENSAMOS QUE SE CRE O REI DO MUNDO.

NON Á GUERRA!!!!!
Zeltia 3ºD

 

 

Inicio

Oferta Educativa