INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

¡¡PARVOS!!

 
 

Como alumna deste centro, quería expresar o meu descontento por uns feitos que veñen ocorrendo xa fai bastante tempo. Observei unha serie de comportamentos que me parecen intolerables e sobre todo unha falta de respecto moi grave, por parte de compañeiros deste instituto:
Por tódolos corredores adoita haber carteis nas paredes que avisan de actividades, reunións,... etc.
Non fai moito organizouse un desfile na coñecida discoteca Xanadú para recadar cartos con motivo dunha excursión.
Así que varias persoas participaron nesta actividade e tamén colocaron vistosos carteis azuis para que acudiramos ó espectáculo, que por certo, gustoume e estivo xenial (polo menos para min).
Como é habitual, os carteis estaban en castelán (algo que persoalmente non entendo, porque a discoteca é de Melide e que eu saiba, a maioría somos e falamos galego).
Imaxino que algún profesor caería na conta e ó lado dos azuis pegou unha folla branca, que pedía educadamente para a próxima vez os carteis en galego.
Pois ben, os espabilados e espabiladas de turno, mentres baixaban as escaleiras arrancáronos e rompéronos en anacos. Outros, en lugar de sacalos escribiron insultos e estupideces por enriba do que xa estaba escrito.
En fin, supoño que falarán castelán. Aínda así, para chula eu, porque son galega da cabeza aos pés e moi moi orgullosa disto, ó igual que calquera da súa lingua nai.
Neste instituto esfórzase moito o persoal para que non se perda o noso idioma e obteña os dereitos que lle corresponden; ademais, hai moitísimo alumnado que pensa o mesmo. E eu estou farta de que os "chuletas" e pallasos do lugar se mofen do traballo doutros e se permitan desfacelo coma se fosen amos do mundo e mandasen nel.
Mirade meus reis; oxalá levedes unhas boas labazadas na nosa vida, porque non se pode ir asoballando por aí a ninguén e creo que xa é horas de medrar e respectar ós do teu redor.
¡Coa miña lingua, non se mete nin Harry Potter, nin o pato Donald, nin vós! Que semellades mocosos sen cerebro con ganas de amolar.
Falo, escribo, defendo e defenderei a lingua galega ata a morte como moitos ESCRITORES e POETAS con maiúscula fixeron.
¿Algo que discutir? Xa está todo dito. PARA CHULOS NÓS.


NATALIA BLANCO SÁNCHEZ B1B

 

Inicio

Oferta Educativa