INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

POEMA

 
 

" Eu xa te quería
cando o ceo era un deserto inmenso.
Cando as estrelas buscaban o seu nome,
eu xa te quería.

Eu xa te contei
no comezo de ríos e mares.
Cando ti aínda non me vías,
eu xa te contei.

Eu xa te encontrei
cando só había terra.
Cando o sol quería ás estrelas
eu xa te encontrei.

Eu xa te impresionei
cando a sinxeleza era un sentimento puro.
Cando os ríos namoraban ós libres
eu xa te impresionei.

Sempre,
desde o frío do inverno,
ti, no meu corazón."
Mirta Sueiro Costoya

POEMA Ó GALEGO

¡Ai, miña lingua falada!
¿onde te atopas no mundo?
Lingua de mares e terras,
lingua de sabios e tolos...

Uns din ¡miña lingua!
outros só rosman ¡que vergoña!
pero tí, lingua medosa,
sigue adiante e loita.

Vivimos nunha sociedade
degradante, ruín e malpocada.
E síntote na soidade,
cada vez menos falada.

Uns intentan axudarte,
outros, namais abandonarte,
pero eu, como galega que son,
só quero escoitarte.


Tí, lingua fermosa,
grande e belida coma unha rosa,
non mereces isto,
e menos, por culpa dalgún "listo".

Por iso,
aínda hai xente mala, fea e deshonrada,
que sente vergoña por tí,
e só intenta deixarte na nada.

Non quedes coa boca pechada
e sorrí con razón,
porque sen tí,
Galiza non tería don.

Eu, coma moitos galegos falantes,
traballamos día a día,
por un país con lingua propia,
por un país con lingua xusta.
Porque sen lingua,
¡GALIZA NON É GALIZA!
Loitade para que a nosa lingua non desapareza.¡¡ Por favor, falade galego!!


Lorena Varela 3ºC

O Diñeiro

" O diñeiro pode mercar unha casa,
pero non un fogar;
o diñeiro pode mercar unha cama,
pero non o sono;
o diñeiro pode mercar un reloxo,
pero non o tempo;
o diñeiro pode mercar unha posición,
pero non o respecto;
o diñeiro pode mercar un médico,
pero non a saúde;
o diñeiro pode mercar o sangue,
pero non a vida;
o diñeiro pode mercar o sexo,
pero non o amor".


Alejandra Arenas. 3ºeso-C

A NATUREZA

A natureza é moi bonita,
ten coidado non
a vaias estropear,
que o mundo é moi bonito
e haino que coidar.

Se non o coidas hoxe,
non o intentes mañá,
porque a oportunidade,
te-la agora, así que
non a deixes escapar.

Cando tires papeis
para o chán vólveos
apañar, que esa
é unha das maneiras de
non contaminar.

Coidala non te
vai cansar,
porque con un pouco
que lle dés, xa lle
vai chegar.

Así que anímate, non a
deixes estropear.

Paula Uxía Seijas Garea (S1ºD).

A FAMILIA

A avoa fai a cea,
o avó fai un pastel,
a nai prepara os pratos,
o pai pon o mantel,
e tódolos filliños
sentados para comer.

Paula Uxía Seijas Garea (S1ºD)


3 POEMAS

Choro por un querer
que nunca olvidarei,
finxirei telo esquecido
cousa que non farei;
olvidalo é imposible
porque está no meu corazón
e por moito que o intente
sempre recordarei o seu calor
e por se ten dúbidas
voullo demostrar
porque o amor máis puro
é a pura sinceridade.

Perdón amor, non podo máis
teño que dicirche que te quero
que en ti está o ceo.
Non podo seguir amándote en silencio.
Perdóame se te ofendín
ou as miñas frases che fan dano,
es a sombra dos meus pensamentos.
¿Que máis podo dicir?
"Namoreime de ti, SÍNTOO"


Nunca pensei quererte a ati
e quérote,
Nunca pensei adorarte
e adórote.
Quérote, quíxente e querereite.
Quérote como nunca imaxinei.
Eu por ti sufro e por ti vivo,
porque te adoro.
Es a miña vida, es o meu ceo,
Ti......élo todo.


NURIA CEA . 3º ESO - A

POESÍAS DE AMOR

Deixaremos que sigan cantando
as gaivotas,
que estando no aire
voan,
do teu mundo ao meu.
Deixaremos que as ondas
do gran mar
se enterren con ansia
na súa praia.
Pero en silencio, viviremos

Cristina
1º BAC-B
------------

Ti...
Ti es así ...
Formas parte de min.
no día que te coñecín
namoreime xa de ti.

Ollei nos teus ollos,
vinme dentro de ti,
o meu corazón ten ollos
porque se namorou de ti.

Pon a man no meu peito,
sente ese latexar,
late rápido, é certo
e non é o mesmo sen querer.

Cristina
1º BAC-B


 

Inicio

Oferta Educativa