| |
Aznar, Bush, Blair, vostedes foron elixidos por nós, por
millóns de persoas para administrar e gobernar os seus países.
Non nos gusta a guerra, non están autorizados para ningunha.
Somos moitos millóns de cidadáns os que o repetimos
cada día: Non á guerra.
Eliximos presidente cada catro anos. Elixímolo e decide por
nós, agora somos un país de asasinatos, de mortes
inocentes, así decide por nós.
Manda o máis forte, e o máis forte é EE.UU,
se tes os mísiles atacas, pero España é o máis
feble: EE.UU e Gran Bretaña teñen mísiles,
barcos, ..., e España fai as fotocopias.
Nós pagamos a maquinaria, as armas, e non as queremos, non
para unha guerra inxusta movida polo interese. Eses bombardeos dóennos,
non nos contan toda a verdade os medios de comunicación.
Por todo iso e, por moitas cousas máis, o mundo era mellor
antes, por todo iso pintamos as nosas caras coas cores da paz e
berramos nas rúas de Lugo, Ourense, Madrid, Washington, Arxentina,
Moscova, Amsterdam, Venecia, Francia, Italia, ..., que non estamos
de acordo.
Din que os presidentes traballan para estar nos libros de Historia
e, por suposto, Aznar aparecerá. Vai nunha foto coma o gran
líder do desastre ecolóxico do Prestige, unha mancha
coa que se retiraba da presidencia do goberno, pero coa guerra imperialista,
engadiulle á mancha negra, unha vermella.
No seu currículo aparecerá como o presidente ó
que toda a xuventude de España lle chamaba asasino. E o peor
é que estará feliz polo ascenso de popularidade.
Pero gustaríame que soubese, Sr. Presidente, que os honrados
e valentes non se van ó deserto co fusil armado. Os valentes
seguimos expresando o rexeitamento á súa loita bélica
e mostrando a nosa oposición ó desprezo seu pola opinión
do resto do mundo.
Aínda que non o admitirán, a razón é
do pobo, da inmensa maioría. PAZ.
Sería bo que a primavera chegase a Iraq, que se levantase
nos corazóns dos políticos e que remate axiña
esta barbaridade.
No S. XXI, con tanto avance industrial que hai para ter que rematar
arranxando os problemas a tiros e non falando como deben entenderse
as diferentes culturas.
Un pobo non ten que pagar as consecuencias dos actos do gobernador,
é ilexítimo. Os pacifistas poden ser bobos, inxenuos,
covardes, pero xamais derrubarían as Torres Xemelgas nin
bombardearían Bagdad. E con isto quero dicir que o mundo
sería outro se houbese 6.000 pacifistas e non ó revés.
NATALIA BLANCO. 1º BACH.-B
|
|