INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

PREMIO "DECLÁRATE EN GALEGO"

 
 

Esta foi a carta gañadora na sección 2º ciclo e Bacharelatos, do concurso "Declárate en Galego", convocado polo ENL no San Valentiño. Noraboa a Pamela Cordido Méndez de B1C, a súa autora.


LEMBRANZAS


Nesta oscura noite de inverno, nun pequeno recuncho do salón, no que apenas entra un raio luar, acordeime de ti.
Sentada frente ó espello vin pasar tódolos momentos inolvidables que, xuntos, ti máis eu, convivimos ó longo dalquel ano. Foi como se a imaxe reflexada naquel cristal plano cobrase vida e saíra ó encontro comigo. Por un momento crin que te tiña ó meu lado, como nos vellos tempos, pero logo volvín á realidade e dinme conta, de que xa non estabas aquí.
¡Cantas noites en vela eu pasei! ¡Cantas veces despertei crendo que estabas ó meu carón, esperando sentir a pel das túas mans sobre as miñas meixelas molladas de tanto chorar!
Quero volver a sentir de novo a calor que desprende o teu corpo, quero que me apertes como aquel día no que ansiaba a túa chegada de lonxe, eu... quérote a ti...
Por máis que intento olvidarte, máis regresas ó meu pensamento.Todo me recorda a ti. Aínda que non sexa así, busco algo co que te poida identificar. Eres coma a luz do día, clara, alegre, resplandecente, calorífica, son incapaz de vivir sen ela e sen ti.
Volve amor, xa me chega con só verte. Lembra que aquí no meu corazón sempre, sempre terás un recuncho no que te poidas agochar, e no que te poidas sentir querido.
Fáiseme moi difícil pensar que non me queiras, daríao todo por ti. Envexa sinto eu pola persoa que te logra conquistar.
Gustaríame lembrarme da túa voz, da túa figura, dos teus ollos, dos teus beizos..., pero cada vez síntome máis lonxe de ti, e sinto como as lembranzas se van esvaecendo, sen poder evitalo.
Ámote como ninguén te amou endexamais.


Á luz da lúa sempre pensarei en ti.
Gardarei todo o que me deches.
Abrireiche sempre as portas do meu corazón.
Recordarei o teu perfume e o teu sorriso
Donde queira que esteas.
Ocultarei a miña dor de amor.

Profunda dor que sinto
Ó saber que estás lonxe de min
Recorrerei todo o mundo para atoparte.

Tratarei de facerche ver que aquí me tes para todo o que precises.
Intentarei que o oco que levo no meu corazón non se vaia empequenecendo na túa espera.

Ata esas AGARDO POR TI


Esta outra carta foi finalista tamén no concurso "Declárate en Galego". Parabéns a Natalia Blanco, de B1B, por este texto.


O MAR, MEU NAMORADO


Este curso, cando vin o buzón do amor pensei en escribir unha carta con verdadeiro cariño como corresponde ó día dos namorados. Para isto, faltábame o fundamental, o namorado.
Síntome moi namorada dun rapaz, pero el non estudia aquí, e polo tanto tentei buscar un destinatario aínda máis particular ó que poder dedicarlle un recunchiño do meu corazón.
Eu coido que o seu nome é O MAR, o noso mar; pode soar un tanto estraño pero é así, moi certo.
Dende que era unha cativa, nunca houbo nada que me gustase máis que a praia e mergullarme nas augas. É evidente que non vivo moi preto, pero esta distancia non fai cambiar o meu sentimento, senón que é unha proba de fortaleza.
Lembro con moito agarimo as primeiras visitas a Baldaio, Laxe, Miño,..., cando existía en min un medo moi peculiar ó meterme naquelas augas ás que rematei queréndolles máis do que nunca puidera imaxinar.
Sentir o sorriso da brisa mariña, as apertas das ondas que caen sobre ti cando están na beiriña, ó carón dunha boa amiga chamanda rocha que te fai sentir libre ó pousarte nela para ver eses pequeniños peixes cheos de vida que camiñan contigo e que aprenden a sobrevivir.
Sei ben, meu amado mar, do que sofres. Sei ben desa mágoa que invade a Terra, a nosa Terra. Ti, doído protagonista, sabes mellor que ninguén e aturas día a día.
Meu amado mar, non te esquezas de loitar e ser valente para axudarte e saír da negrura que te enche. Eu tentarei prestarche o meu apoio e colaboración sen límite, sen esquecer os momentos ledos que xuntos vivimos. Precisas axuda e unha namorada debe cumprir as súas promesas; eu xúroche que NUNCA MÁIS ninguén che fará dano, miña costa galega.

O máis prezado de Galicia es ti, o que nos dá vida e transmite sentimentos só con miralo. Único, incomparable baúl de segredos e lembranzas de namorados. Viviches dende moi preto a paixón do amor con cada noite, na atenta ollada das parellas deitadas na area, cómplices por primeira vez.
Dende o fondo da alma, prégoche que te recuperes axiña porque volver ver o teu sorriso, a túa fermosa paisaxe e os abrazos que cada verán me deches con verdadeira tenrura, cando eu aprendín a nadar.
Sempre te levarei moi preto de min, presente no meu corazón e na morriña dunha galega namorada de ti.

Dedicado a todos e cada un dos namorados que coma min desexan que todo isto non volva ocorrer.

Querémoste.


Só deixarei de quererte
o día no que un pintor.
debuxe o son dunha bágoa
ó caer.


 

Inicio

Oferta Educativa