INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

QUÉIXOME

 
 

Son unha alumna de 1º de Bacharelato que vén arrastrando ó longo de tres cursos consecutivos a mesma problemática. Por isto mesmo e xa como último recurso, utilizo o Intres agardando unha resposta de quen corresponda, a poder ser cunha alternativa fiable e duradeira.
Vivo no concello de Santiso e o meu transporte escolar pertence á empresa Gomserbus.
O meu horario comeza ás 7.45 da mañá, hora na que e recolle o bus, xa que é a segunda parada. Chego ás 3.10 do mediodía e os luns volvo para o autobús ás 3.25 e chego á casa ás 7 da tarde.
Como vedes, un luns tendo á primeira hora da tarde coma min Educación Física, xantar en dez minutos é toda unha dixestión. Pago ademais polo autobús 35 euros mensuais, case nada se botamos contas a finais de curso.
Ata chegar a Bacharelato, comía na cafetería co resto dos rapaces que compartimos este peculiar horario ou similar; sen tempo para xantar, últimos para chegar, pero primeiros en recoller.
Tras tres anos de protesta parece inútil calquera esforzo, pero apostei polo último, na Deputación, na empresa, no Instituto, ... un largo percorrido sen moito froito, polo menos este ano para min.
Quixera saber se iso que sempre din os profesores de que calquera alumno cando teña un problema pode contar coa axuda do centro é so verdade a medias. Quixera sabelo.
Namentres estiven na ESO era unha alumna e a este problema puxóselle solución. Agora estou en Bacharelato, e sigo sendo alumna, pero xa non lle importa a ninguén o problema, aturo e pídolle cartos a mami para que pague a comida, total, non é nadiña.
¿Suponlle á Xunta, á Consellería, á Deputación,... un gasto tremendo o meu bocadillo?
Non pretendo ofender nin vir pedindo nada, quedoume claro que non teño un sitio onde comer tranquila e gratis os luns, ese era a cafetería. Son dez minutos, pero tamén é certo que miña avoa cociña moi ben e pápase en tempo ningún. Non sei quen é o culpable pero penso, a pesares desta experiencia, que os problemas do transporte e as consecuencias debería d solucionarse e ós afectados tratalos de igual xeito, sexamos da ESO ou non, somos alumnos e alumnas e non témo-la culpa.

Natalia.

 

Inicio

Oferta Educativa