| |
Se no número anterior do INTRES expuxen no relato "As
dúas caras dunha moeda" que se descubriu auga nos polos
de Marte, agora escribo esta nota de rectificación con motivo
dos novos descubrimentos da NASA, que sitúan a auga, en forma
de xeo, e baixo unha capa de neve e fragmentos de rocha e po, no
ecuador do planeta, debido á inclinación do eixe deste,
que propicia un ciclo meteorolóxico de varios centos de anos
de duración, no que a auga se traslada dos polos ó
ecuador e viceversa, causa posiblemente da erosión do solo
ó condensarse e que provocou as canles de Marte.
Respecto ós Xeradores Anti-masa da nave de "A viaxe",
está explicado moito máis claramente o seu funcionamento
no relato "La bola de billar" do libro Estoy en Puertomarte
sin Hilda de Isaac Asimov, do que tomei a idea. Este libro é
unha suma de relatos policiais e de misterio encadrados no futuro.
Claro que se che gustan os relatos de investigación e con
moitas sorpresas podes ler Yo robot e Sueños de Robot, tamén
de Asimov. E se isto che parece pouco, podes ler a triloxía
Fundación (Asimov), Cuentos de la taberna del ciervo e Velero
espacial (Arthur C.Clarck), La nave estelar (Aldis) e do español
Jordi Sierra i Fabra ...en un lugar llamado Tierra e Regreso a un
lugar llamado Tierra.
Seguro que che gustarían
|
|