INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

REFLEXIÓNS

 
 

Hoxe é un día de eses nos que non sabes o que facer nin o que pensar, tes na cabeza unha maraña que non deixa que te poidas concentrar, unha maraña, pero non de fíos de la, nin de nada similar, unha maraña que nos facemos a causa dos líos que ás veces non son tales, e outros que nós nos facemos sen telos, vaia, algo así é, un pouco complicado todo. Sempre dicimos que temos un lío ben grande, cando é unha cousiña ben pequecha, e cando en realidade é ben grande , caemos nun pozo que nos deixa atónitos, sen saber como reaccionar.
Ás veces sentimos que somos o embigo do mundo, que se nós faltamos nada vai ser igual, pero non é así, debemos de estimar tamén ós que temos ó noso redor, pois xa se sabe que estes tamén son importantes, e tamén son o centro de atención e de olladas dos que non viven tanto ó redor de nós ,non facer caso dos demais, e así é, que nunca se sabe o que se ten ata que se perde, é moi difícil de volvelo a recuperar ou case que imposible, fagas o que fagas, nada volve a ser igual.

Fanny Gómez Núñez. 1 BAC. C


NON CULPES A NINGUÉN

- Nunca te queixes de ninguén; nin de nada; porque fundamentalmente ti fixeches o que querías da túa vida.

- Acepta a dificultade de edificarte a ti mesmo e o valor de empezar corrixíndote. O triunfo do verdadeiro home xurde das cinzas do seu erro.

- Nunca te queixes da túa soidade ou da túa sorte, enfróntaa con valor e acéptaa. Dunha maneira ou outra é o resultado dos teus actos e proba que ti sempre has de gañar.

- Non te amargues do teu propio fracaso nin o cargues a outro; acéptate agora ou seguirás xustificándote coma un neno.

- Recorda que calquera momento é bo para comezar e que ningún é tan terrible para claudicar.

- Non esquezas que a causa do teu presente é o teu pasado, así como a causa do teu futuro será o teu presente.

- Aprende dos audaces, dos fortes, de quen non acepta situacións, de quen vivirá a pesares de todo, pensa menos nos teus problemas e máis no teu traballo, sen eliminalos morrerán.

- Aprende a nacer dende o dolor e a ser máis grande que o máis grande dos obstáculos, mírate no espello de ti mesmo e serás libre e forte e deixarás de ser un monicreque das circunstancias, porque ti mesmo es o teu destino.

- Levántate e mira o sol polas mañás e respira a luz do amencer. Ti es parte da forza da túa vida, agora esperta, loita, camiña, decídete e triunfarás na vida, nunca penses na sorte...¡Porque a sorte é o pretexto dos fracasados!

Este poema de Pablo Neruda vai dedicado a todas as persoas que, coma min, séntense derrotados, porque sempre hai unha solución, só hai que intentar atopala. E non esquezades: "Non culpes a ninguén", aínda que ás veces non teñamos a culpa do que nos pasa.

Maris. 1ºC -BAC

 

Inicio

Oferta Educativa