INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

SHIN CHAN E DORAEMON VERANSE EN GALEGO NOS CINES

 
 

Luk Internacional asegurou á Mesa pola Normalización Lingüística que as novas longametraxes de Shin-Chan e Doraemon veranse exclusivamente en galego en todas as salas do noso país.
Dous dos personaxes de animación mais apreciados polos nosos rapaces, Shin Chan e Doraemon, falarán galego nas próximas estreas das súas novas longametraxes. A distribuidora dos filmes, Luk Internacional, respostou positivamente ás peticións da Mesa pola Normalización Lingüística e, nunha carta que lles remitiu, afirma que "todas as salas que exhiban a estrea en Galicia das películas Shin-Chan e a procura das bólas perdidas e Doraemon e o imperio Maia farano exclusivamente en Galego".
A carta de Luk Internacional non só dá a razón á Mesa na maioría dos seus argumentos senón que, nun parágrafo que non ten desperdicio, deixa en evidencia a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Shin-Chan e a procura das bólas perdidas ten prevista a súa estrea para o 27 de Xuño, mentres que Doraemon e o imperio Maia farao o 29 de Agosto.

Noraboa e gracias á Mesa pola Normalización Lingüística.


ENL

 

Inicio

Oferta Educativa