|
Shin-Chan
Dende hai unha tempada,
aí polo serán
a televisión non educa nada,
pois emítese Shin-Chan.
Eu creo que este neno
xa aprendeu demasiado,
para ser tan pequeno
e tan maleducado.
Este rapaz é moi famoso
polas parvadas que fai,
aínda que non é moi gracioso
que se ría de súa mai.
Este neno comeza a ser
algo repugnantiño
outra cousa non sabe facer
máis que dicir "cuíño, cuíño".
Cando cos amigos sae xogar,
sempre fai algunha trasnada,
e eles bótanse a chorar
porque non lle poden facer nada.
Bueno, aínda que o critiquenos
debemos ter en conta,
que así son tódolos nenos
e non lle hai que dar máis voltas.
|