INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

TELEADICTO

 
 


"A adicción é un comportamento compulsivo que proporciona "benestar" ao instante e "libera" ao individuo das súas preocupacións, pero á larga trae consecuencias negativas tanto para ó individuo como á familia e á sociedade en xeral"
Pero porque o home cae nas adiccións, esto é debido a que constantemente o mercado ofrece todo tipo de productos que fomentan ó consumismo polos medios masivos de comunicación, estes fannos crer que consumir é un acto de liberdade, cando nós sabemos que eso non é certo. Coas adiccións as persoas tratan de liberar tensións, problemas, angustias, pero o único que conseguen é caer atrapados nas súas redes. Existen varios tipos, entre os que destacan: as drogas, a televisión, computadoras e outras formas de comunicación visual animada.
Se nos preguntamos ¿Que facemos no noso tempo libre?As respostas non son moi variadas, e todos coincidimos, que una gran parte do día, utilizámolo en ver televisión, esto porque:
"A televisión cumpre a lei do mínimo esforzo"
É dicir, danos todo feito, o único que un debe facer para vela é acendela.
A televisión hoxe en día causa un fenómeno moi negativo nas persoas que incorren no seu uso, causando unha adicción que pouca xente logra superar, considerando que ninguén o denomina un vicio, e son moi poucos os que pasan un día enteiro sen vela, ademais, en case todos os fogares existe un destes aparellos.
O problema fundamental é que mostra un mundo completamente feito, no que participas soamente mirando, sen utilizar en ningún momento a mente, o que resulta moito máis fácil e atractivo para nós.

"...Hoxe a televisión éncheo todo. Fai tan só vinte ou vintecinco anos a vida era diferente sen ela..."

As persoas cun baixo coeficiente intelectual sacian todo o seu tempo de ocio en vela, o que
Enrique Rojas define como:

"...A televisión é case todo o seu alimento intelectual..."

Por este fenómeno, co paso do tempo este tipo de persoas serán persoas que teñan un moi baixo contido valórico e cultural, xa que só nos entrega imaxes de diversión moi superficiais e unha serie de valores transgredidos que serán, ou son, o reflexo de este tipo de persoas.
Ofrécenos un sinnúmero de temas completamente distintos entre si, e por isto a persoa moitas veces opta por velos todos e ningún á vez, tal como di Rojas, unha nova forma de consumismo: O Zapping

"A posibilidade de entreterse cambiando de canal sucesivo"
Pero de esto falaremos nunha próxima ocasión, porque este tema da moito de si. Ata entón.
RODRIGO AYUDE PUGA BIB


 

Inicio

Oferta Educativa