| |
Hai cousa de un ano, un anxo infrinxiu as normas e baixou desde
o ceo ata a terra traendo con el todas as estrelas que brillaban
na noite. Un día, ó mencer, cruceime con ese anxo
e confundín os seus ollos cun cachiño de ceo. Entón
el decatouse de que o miraba e regaloume unhadas súas estrelas.
Esta era moi reluciente, igual que o seu nome "amor";
pouco a pouco atopou o camiño que levaba ó meu corazón,
ata que nun día de abril encheuno dunha fermosa luz. Mentres
a estrela ardía, nunca era noite dentro do meu corazón
pois non había ningún lugar para a escuridade.
pero Deus descubriu ó anxo rebelde e obrigoulle a poñer
no ce3oi tódalas estrelas que roubara, agás a que
me regalara a min, pero había unha condición; podía
quedar con ela se non volvía ver nunca máis ó
anxo. Eu non aceptei porque prefería ó anxo antess
que a estrela. entón quitoume a estrela e deixou o meu corazón
baleiro.
o anxo intentou encher ese baleiro sen conseguilo, quedando así
nas máis profundas tebras. Pasado un tempo, decidiu roubar
a estrela outra vez, pero desta vez Deus dactouse e decidiu castigalo,
así que o desterrou ben lonxe. Co eu desterro levoume o corazón
e agora xa non o podo recuperar porque Deus non me permite ver ó
meu querido anxo rebelde. Desde aquel día, xa nada é
o mesmo, tódolos días penso nel, e cando durmo soño
con el , cada día que paso sen velo, faise máis ñongo.
Non teño gañas de nada, só de chorar, chorara
polo anxo rebelde e pola miña estrela, porque a estrela si
que a podo ver. Tódalas noites está nop ceo resplandecente
e cando a vexo desexo collela pero non dou, non podo collela sen
a axuda do meu anxo e el está lñonxe; pero polo menos
cando miro o ceo teño un recordo del ,m a nosa estrela.
A Bolboreta
|
|