| |
Un día de camiño á miña casa encontreime
cun vello amigo, convideino a tomar un café, pero el díxome
que outro día. Pediume o enderezo e dinllo. Cando cheguei
á miña cas mirei no anuario que nos entregaran ó
rematar o curso, e alí non aparecía para nada o nome
dese tal Henrique. Horas despois dinme conta de que me enganara
e lle dera o meu enderezo a un descoñecido. Moi asustada,
pechei todas as portas e cerrei as ventás. A partir dese
día tería que estar moi esperta, pois podía
aparecer ese pirado en calquera momento.
Ó día seguinte chamei a unha desas empresas que poñen
alarmas e entres horas xa tiña instalado todo un sistema
de seguridade.
Durante uns días, por medo, fun durmir á casa da miña
irmá, porque me sentía moi desprotexida. Por sorte
nos días que eu faltei na casa non acontecera nada estraño.
Aínda así, non estaba preparada para durmir eu soa,
e para máis había poucos días que anunciaran
pola televisión a asasinato dunha muller.
Pasadas unhas semanas fun durmir por fin á miña casa.
O primeiro día non aconteceu nada do outro mundo, pero o
segundo día escoitei algo moi estraño, coma se alguén
estivese subindo polas escaleiras. Non estaba segura, pero parecíanme
as pisadas dun home. Con moito medo chamei á policía,
e namentres non chegaba agocheime debaixo da cama. En efecto, era
un home o que subiu á habitación, pero non conseguín
verlle a cara, tíñaa tapada cunha media de muller,
coma un atracador.
Estivo buscando por toda a casa, non sei se quería as xoias
ou me quería a min. Mexadiña de medo volvín
chamar á policía, pero esta vez pilloume e colleume.
Eu non sabía que facer, berrei con todas as miñas
forzas, pero foi inútil. Non tiña suficiente aire
e de e antes de desvanecerme chegou a policía. Non sei como,
pero todo arranxouse e ó cabo dunha hora estaba na miña
cas con case toda a familia ó meu redor.
Os días seguintes para min foron unha tortura, non sabía
que facer, se quedar na casa ou ben saír dela. As dúas
opcións tiñan un inconveniente: se saía fora
podíanme estar esperando unha panda de macarras para facerme
algo por mandar a ese tipo ó cárcere; se non saía
podían vir por min á casa.
Estando nestas dúbidas, decidinme e chamei á miña
irmá para que viñese por min ó cabo de tres
horas. Estaba decidida a abandonar a cidade que tanto me fixera
sufrir estes últimos meses.
Cando a miña irmá chegou e eu subinme ó coche
con todas as maletas díxome:
- E ti ¿para onde vas con tantas maletas? ¿Seica
marchas, ou que?
- Ti o dixeches, marcho. Non podo aturar estar así, teño
medo ó saír á rúa, teño medo
na casa. en resumo, teño medo nesta cidade.
- Pero non nos podes deixar así, Mónica, nós
somos a túa familia e tes que estar aquí connosco.
En nós podes confiar, nós querémoste moito
para que nos abandones desa maneira, pensa ben o que fas.
- Xa está decidido todo, marcho e acabouse. Aínda
que marche, nunca vos esquecerei e ademais virei visitarvos de vez
en cando ¿de acordo?
- Moi ben, pero espero que cumpras a túa promesa e non fagas
coma outras veces, que te esqueces de todo.
- Esta vez non me esquecerei, trátase da miña familia.
Dixen isto para acabar dunha vez por todas con aquela conversa,
que o único que facía e darme ganas de chorar. Pero
tiña que ser forte e aturar. A miña irmá preguntou
de novo.
- E ¿onde te dirixes?
- Se che digo a verdade non o sei. Tiña pensado ir a Nitagua,
pero non me gusta porque non ten praia ¿ti que me dis?
- Non sei, pero sería mellor vender primeiro a casa ¿non?
- Si, xa ten o cartel, e o número a onde pode chamar quen
estea interesado está alí ¿non o ves?
- Si, xa o vexo. Pero ti ¿onde durmirás namentres?
Podes vir para a nosa cas, a nós non nos importa nada, alí
ti nunca molestas.
- Non graciñas, xa buscarei un hotel.
Estivemos as dúas un cacho caladas, pensando. Ó cabo
duns minutos rompín o silencio que había.
- Xa si onde podo ir. Irei a Kitama, alí hai praia e todo
o que a min me gusta. ¿Sabes onde está? Non é
moi lonxe de aquí.
Despois de dúas longas horas de camiño, por fin
chegamos ó lugar sinalado. A miña irmá Iria
podería visitarme sen ningún problema agora que xa
sabía o camiño.
Nada máis baixar do coche, púxenme a observar casas,
xa que quería mercar unha. Normalmente as casas que están
á venda teñen todas o cartel de "VÉNDESE",
pero só vin unha cun deses carteis, que por mala sorte estaba
nun edificio, cando o que eu buscaba era unha casa.
Despois de buscar unha hora decidimos ir a unha desas axencias que
venden casas. Cando estivemos sentadas no despacho do xefe, expliqueille
a miña situación con respecto ós cartos, pois
non tiña moitos, e pregunteille se tiña unha casa
que non custase moito. Por sorte tíñaa e xuntos fomos
vela.
A casa era bastante pequena, pero para unha persoa que ía
estar todo o día no traballo (se o encontraba) chegaba de
sobra. Aceptei a casa, pero iría pagando a prazos. Antes
de que o señor da axencia marchase pregunteille:
- Perdoe, señor, pero eu son nova aquí e non teño
traballo e preguntábame se vostede terá algo para
min na súa axencia.
- Pois está de sorte hoxe, porque aínda non hai unha
semana que un empregado marchou e deixou o seu posto. Se quere pase
mañá pola axencia e xa falaremos. Se acepta, para
a semana xa estará traballando.
- Moitas gracias, señor...
- Señor Afonso, e non fai falta que me dea as gracias, tería
que ser eu quen llas dera.
- E outra cousa ¿xa podo durmir hoxe aquí, non? -preguntei
cun pouco de medo, pois se me dicía que non tería
que ir buscar un hotel e gastaría un montón e non
podía permitirmo.
- Se vostede quere, a casa xa é súa. Só ten
que pasar mañá por alí para firmar e de paso
xa falamos do traballo. Pero non ten cama ¿onde vai durmir?
- Non se preocupe, xa vou chamar ó camión da mudanza
para darlle u enderezo e dentro de dúas horas estarán
aquí con todo.
Así foi, ó cabo de dúas horas chegou o camión
con todas as miñas cousas. Ás dez da noite xa tiña
case todo colocado, máis ben sacado do camión, porque
colocado....non estaba moito. Ó cabo de media hora marcharon
todos, incluída a miña irmá. Quedei soa, pero
non durmín ata as doce e media, porque estiven colocando
cousas e aínda me quedaba moito.
O día seguinte fun a axencia de casas, aceptei e firmei o
contrato de traballo (que por certo, pagaban moi ben) e volvín
para casa a seguir colocando.
E así comecei unha nova vida, por fin. Agora si que estaba
feliz, agora non estaba aterrorizada, agora estaba relaxada e vivía
contenta.
Sandra Rodríguez Carril- S1D
|
|