INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

A VIAXE A MÉRIDA

 
 

A viaxe a Mérida foi unha viaxe moio especial para min, xa que, ademais de ser unha a primeira viaxe de tantos días á que fun, coñecín a un montón de xente que nin sequera sabía que viña ó noso instituto. Vouvos contar como foi:
Marchamos o día oito de abril sobre as once e media da mañá dende o instituto. A verdade é que eu levaba bastante medo no corpo porque non coñecía a case ninguén das persoas que ían e, ademais, era única de terceiro. Pero a pesar dos meus temores, de seguida fixen amigos.
A viaxe en autobús durou case dez horas, pero aínda que eu pensaba que se me ían facer eternas, pasáronme voando falando con toda a xente do autobús. Cando por fin chegamos a Mérida fomos directamente ó hotel. Eu quedei abraiada co bonito que era. Nunca tivera esperado que fose así. Esa noite despois de cear (por certo, a cea estaba moi boa) fomos dar un paseo pola cidade. Como non sabiamos moi ben onde estaban os locais de marcha, aproveitamos para ver a ponte romana.
O día seguinte vimos dúas obras de teatro e unha casa romana (ou o que quedaba dela). O teatro era impresionante e conservábase moi ben e o que máis me gustou foron os mosaicos que adornaban o chan. Cando rematamos con isto déronnos tempo libre para visitar a cidade e despois deixáronnos saír pola noite. A verdade é que Susana e Manolo portáronse moi ben connosco e deixáronnos moita liberdade. A eles dous moitas gracias porque se puido facer esta marabillosa viaxe.
O segundo día tamén transcorreu parecido, xa que vimos unha obra de teatro e tamén aproveitamos para ver o museo de Mérida, o acueducto dos Milagros etc.
Desgraciadamente , o terceiro día tivemos que abandonar Mérida con destino a Cáceres e Salamanca. Foi unha pena, porque eu xa lle collera agarimo á cidade. En Cáceres comemos e aproveitamos tamén para ver a cidade antes de continuar con destino a Salamanca, onde ceamos e pasamos a noite. O cuarto día visitamos a cidade e os que non a coñecíamos, quedamos abraiados co bonita que era. Vimos os monumentos máis destaca como as dúas catedrais (vella e nova), a universidade, a praza maior....
Un pouco despois de comer collemos o autobús que nos devolvería á nosa terra, poñendo fin a unha viaxe estupenda que, sen dúbida volvería a repetir.
Inge Andersen- 3ºC

 

Inicio

Oferta Educativa