| |
¡¡¡Aquí as londinenses máis "Tuning"
para narrarvos o máis divertido da fabulosa viaxe a Londres!!!
O mellor Benito e Yolanda, da que nos lembramos, e polos que gardamos
un segundo de silencio.
Eran as 12 e estabamos fervendo cos nervios.......
Despois dunha longa viaxe no avión, con comida e todo, chegamos
a Londres e ó hotel onde tivemos algún que outro percance
cuns plátanos dos nosos veciños (para algunha máis
que veciños) que nos deron a tabarra toda a viaxe. Aparecen
"palomazos". E ás veces estabamos sete ou máis
nunha habitación triple.
Eran as seis da mañá da primeira noite e aínda
non pegaramos ollo, así que, como supoñedes, ó
día seguinte non podiamos co cú. Pero esa noite, menos
dous ou tres que se resistiron, tivemos troula e houbo pequenas
bromas como: Crema de dentes na pechadura e no pomo da porta da
habitación dos veciños, vai por ti Javier, bueno algo
sen importancia, jajaja.
Algún que outro "palomazo" máis.......jejejeje.
Xa vos daredes conta de que o máis divertido foron as noites.
Tamén foi divertido, sen dúbida, os nosos problemas
coa chave da habitación, que tivemos que tolear o noso "negriño
da África Tropical", canción que tan ben interpretou
López.
Bromas de todos os tipos, como o dos cigarros, ¿Verdade Samuel?.
Tamén agardamos a que algún día López
vos escriba o chiste do alcol en recepción. Ese sí
que é dos bos. Jajajaja.
O último día pola noite acompañounos CUPIDO
aínda que algunhas non estivemos para presenciar aquel magnífico
espectáculo, xa que nós estabamos na cama A DURMIR!!!.
Isto e contado moi brevemente o máis divertido de Londres
(o que nos aconteceu a nós)
!!!!QUEREMOS VOLTAR!!!!
Nas mans de..............
Zeltia Laya 3ºD Miriam Blanco 3ºA
Rosa Mato 3ºB Laura Garcia 3ºA
Verónica Mouriño 3ºA Rosa Cabado 3ºA
|
|