INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
30 DE XANEIRO
DÍA DA PAZ
 
 

"Imaxina que non hai posesións,
non sei se poderás,
que non haxa necesidade, cobiza ou fame
senón unha irmandade de homes;
imaxínate a todo o mundo
compartindo todo o mundo.

Dirás que son un soñador,
pero non son o único;
espero que algún día te unirás,
e o mundo será un"

(JOHN LENNON, "Imagine")

" Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme extraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis aló dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
a ti negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras
por enriba dos muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmao che falo."

(Celso Emilio Ferreiro, "Irmaus")

"Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincuenta anos sen sosego.
Comín o pan sudando día a día
nun laboral arreo.

Gastei co tempo co xornal dos sábados.
Pasou a primavera, veu o inverno.
Dínlle ó patrón a flor do meu esforzo
e a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin sequera iste sol que agora tomo
Mentres o tomo espero"

Damaris Fernández Baptista- 2º ESO-D
(Actividades Alternativas)

 

Inicio

Oferta Educativa