INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
ADEUS
 
 

Rematado o curso, nós, en 2º de BAC, estabamos pouco a pouco despedíndonos do noso instituto. Deixabamos o novo IES, que, aínda que cos seus defectos, estaba moi ben; separamonos de certos compañeiros e marchabamos de onda os nosos profesores. Deixabamos a Paco co seu omnipresente sentido do humor e as súas divertidísimas clases de Literatura Galega do Século XX; a Susana Losada, que ademais de profesora de Grego (estupenda) era unha colega; a Mabel, de Galego, que, aínda que na nosa clase se enfadaba un pouco, era unha tía superguai (destacando a súa idea da "lista dos tacos a 0,50 €); Marga, de Filosofía, que nunca se enfadou, e sempre intentou levar a súa materia (que é moi complicada) coa maior diversión posible; a Cristina Brión (profesora de Historia) coas súas rapidísimas clases, que non sei como non afogaba; a Iolanda, a profesora de Inglés, que todos sabemos como é; a María José, profesora de Historia da Arte, que, aínda que na materia había moito que estudar, ela sempre nos botaba unha manciña; a Teresa, profe de Latín, que esixía, esixía e non se cansaba de esixir...; e a Andrés, que levaba as súas clases dunha forma diferente, había un momento para rir e un para estudar ; era neste momento cando nós intentabamos seguir coa "festa" e el berrábanos e enfadábase; non había un día sen discusións, pero..., a pesar de todo, sempre acababamos de broma, polos corredores, pola cafetaría...

Os alumnos de 2º BAC tiñamos a idea de, cando comezara o curso, ir facer unha visita a todos os profes, alumnos... Pero non contamos con que Andrés deixara de estar entre nós. Cando nos enteiramos, quedamos sorprendi@s e doid@s, xa que Andrés levaba con moit@s de nós tres anos seguidos. Nestes anos, as clases de Lingua Española foran diferentes, e ás veces complicadas; cansabámonos e desesperabámonos, pero no último momento sempre aparecía Andrés para axudarnos un pouco, ou un moito, como fixo na nosa clase o último ano...

Non me quero despedir sen ter unhas palabras para Alicia. Dicirlle que conta con nós e darlle moitos ánimos.

Gracias a tod@s, e a ti, Andrés, en especial, moitas gracias, sempre estarás presente.

María José S. Carricoba.
(Chabuka)

 

Inicio

Oferta Educativa