| |
Aínda hoxe, despois de catro anos, recordo como foi a primeira
vez que os meus ollos se fixaron en ti; dende aquel momento quedei
prendida da túa mirada. Xamais pensei que chegaría
a sentir algo tan forte, xa que daquelas aínda era unha nena
que non sabía nin o que era namorarse, : Por iso cando te
coñecín e comecei a sentir algo, pensaba "¿será
isto amor?, ¿amor de verdade? ¿Ou simple tontería?"
Agora doume conta, doume conta do que é amar, do que é
amor de verdade e sobre todo do que é o sufrimento.
Sei que o meu amor é algo imposible, que xamais poderei
acadar e aínda así paso o día, a tarde, a noite,
cada minuto, cada segundo... pensando en ti ¿En quen vai
ser se es o que maís quero? A palabra amor é moi difícil
de definir ou explicar, pero quizais demasiado fácil de sentir.
Vivo isto como un soño, no que todas as noites o teu corpo
e o meu se xuntan, os seus beizos se unen aos meus e mil veces me
repites "quéroche" e... tanto amor... tanta felicidade...
¿Para que? Se ao espertar doume conta de que todo fora un
soño, un soño demasiado lonxe da realidade, mais o
meu rostro inúndase de bágoas que derramo por ti,
bágoas que aínda que sexan transparentes sinto caer
moi forte pola faciana, unhas bágoas verdadeiras, cheas de
cor e sufrimento, bágoas que derramo polo que máis
quero e polo que nunca poderei esquecer na miña vida. T,
es o máis importante para min,e, aínda que o noso
sexa imposible, quéroche ¿Que se lle vai facer? Quéroche
máis e máis, o meu amor día a día medra
por ti.
Agora, sabendo que o meu gran amor non vai ser correspondido só
busco verte en calquera lado, sempre ollando para todas as beiras
a ver se dou cunha gorra azul que me alegre un pouco o día
ou, quizais, non entristeza máis.
Eu quero que saibas que sempre ocuparás a maior parte do
meu corazón, e que ninguén chegará a quererche
tanto coma min ¡Sen ti é imposible vivir!
Sei que non te poderei ter, aínda que te siga querendo;
ten por seguro que sempre estarás dentro de min, ti e os
recordos deste amor que non é correspondido.
Non te podo esquecer, quéroche tanto... que non sei como
dicircho. Ás veces, cando ollo a túa foto, algo me
sobe por todo o corpo; quizais sexa nostalxia, por non dicir un
amor inacadable. O soño da miña vida sería
estar ao teu carón, o meu cínico soño, que,
por desgracia, sei que non vai ocorrer na dura realidade, xa que
é algo imposible; e, aínda que este soño nunca
o verei cumprindo terei que ir conformándome con soñar.
Non sei se estarás a ler isto; ao mellor para ti é
ridículo, pero é puro reflexo dos meus sentimentos:
E despois de catro anos namorada, e despois de tanto sufrimento,
e para dar por finalizado este amor, que cada día e despois
de tanto tempo é máis grande, só espero que,
polo menos, me entendas o máis mínimo e me abras a
porta da amizade, creo que non é moito pedir.
Eu prometo non falarche de todo isto e que me entendas. Quen encontra
un amigo encontra un tesouro e espero que ti chegues a ser un deles;
iso é a única esperanza que queda en min, as demais
xa están perdidas no tempo e no sufrimento, que da nas túas
mans... E espero que entendas que todo isto é o amor dunha
namorada que morre por un pouco do teu querer.
ADICADO A DIEGO CASTRO VARELA
(Gracias por existir)
S.M.R. 1ºBAC
|
|