INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
A MORTE DA COSTA
 
 

O 13 de novembro do 2002, o petroleiro "PRESTIGE", un buque de 26 anos de antigüidade, monocasco e cargado con máis de 77.000 toneladas de fuel, sufriu un accidente fronte a Fisterra. Seis días despois fúndese, partíndose en dous e con máis de 60.000 toneladas de combustible nos seus tanques. Desde de entón, innumerables manchas negras "asfaltaron" as costas galegas e unha parte importante, da súa inmensa riqueza. Galiza viviu unha das peores catástrofes económicas e medio ambientais da súa historia. Este texto reflexa os feitos, as imaxes, os protagonistas e, sobre todo, a loita dun pobo por defender o seu medio de vida.


Un ano despois de que o PRESTIGE naufragara fronte o litoral galego o fuel continúa chegando as costas do norte peninsular nun intermitente goteo.
As praias de Galiza seguen sendo as máis danadas: Fisterra, Arteixo, Muxía e unha cala rochosa do Parque Nacional das Illas Atlánticas, continúan contaminadas aínda que tamén Asturias e Cantabria, sofren as consecuencias do monocasco. A praia de Sopelana, no País Vasco, tampouco se recuperaron. Para reducir os efectos, 1.000 persoas persisten nas tarefas de limpeza. Unha cantidade significativa, aínda que menor cas 3.000, de media, que durante un ano estiveron traballando diariamente nas praias. Este traballo, en gran parte voluntario, permitiu recoller cerca de numerosas toneladas de residuos.
No primeiro aniversario do naufraxio, o Ministerio de Medio Ambiente revelaba que das 1.064 praias que se viran afectadas por o chapapote soamente nove presentaban restos de hidrocarburos nas rochas e capas profundas, e dúas teñen restos de fuel na superficie. "O resto, segundo as fontes oficiais xa estaban limpas".

Pero as organizacións ecoloxistas presentan un panorama menos optimista. Segundo Adena, entre 5.000 e 10.000 toneladas de fuel están a deriva e alcanzan periodicamente a costa, mentres 13.000 toneladas permanecen no barco fundido. Ademais, esta organización estimou que o custo económico da catástrofe será de 8.000 millóns de euros. Por a súa parte, a Cámara de Comercio de Pontevedra cifraron en 1.390 millóns de euros as perdas ocasionadas, ata agora, no sector pesqueiro e a industria transformadora galega. Sen embargo, as perdas económicas non son as consecuencias máis graves desta catástrofe: os ecosistemas da costa norte sufriron un forte impacto medioambiental que provocou a morte de máis de 250.000 aves en tan só un ano. E aínda máis perigosos son os posibles riscos para a saúde que se poidan derivar do naufraxio do petroleiro: segundo un estudio da Universidade de A Coruña, os Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (sustancias probablemente canceríxenas presentes no fuel do Prestige) comezaran a entrar na cadea alimentaria mariña nuns niveis moi elevados, aínda que de momento non moi alarmantes.
Estas afirmacións foron rexeitada por o Executivo que garantiu a 'seguridade plena' de todos os productos galegos, a os que, en palabras de da ministra de Medio Ambiente Elvira Rodríguez, fixéronse máis de 38.000 probas que os afirmaron 'perfectamente aptos para o consumo'.
Á marxe destas controversias, parece que teremos "PRESTIGE" para rato, xa que os fondos mariños entre o sur de Galiza e o este do Cantábrico conteñen unhas 340 toneladas de hidrocarburo. De acordo cos científicos, as repercusións socioeconómicas e ambientais do naufraxio deixaranse sentir durante a lo menos unha década nos 2.000 quilómetros da costa que se viu afectada.

Rocío Rúa Castro, Belén Méndez Segade,
Eva Garea Mato e Noelia Iglesias Varela. B2A

 

Inicio

Oferta Educativa