| |
A comezos deste curso, unha das miñas mellores amigas tivo
que marchar para Tarragona, por motivos familiares. As dúas
estivemos moi mal, porque estabamos moi compenetradas. E pensamos
que cando ela marchara a nosa amizade acabaría. Pero equivocámonos,
porque aínda que din por aí que a distancia é
o esquecemento, no noso caso non foi así. Nós falamos
todas as semanas, contámonos as cousas e escribímonos;
eu penso que é porque ela é especial, é unha
persoa excelente, comprensiva, a mellor amiga de todos, sempre ten
tempo para todos e non se esquece de ninguén. Proba diso
é que neste instituto deixou amigos por todos os recunchos,
e ninguén a esquece. Con isto o que quero dicirvos é
que aínda que algún de vós vaia vivir a outro
sitio, non ten por que esquecer os seus amigos, xa que isto é
o que soe pasar. Unha mudanza non vai cambiar os tempos pasados,
e vale a pena manter vivos os recordos. Eu dígoo por experiencia,
porque nada no mundo fará que esqueza a miña amiga.
Esa amiga miña chámase Fabiola, seguro que moitos
a coñecedes, e como sabedes é unha persoa excelente,
e para ela van estas liñas. Para que nunca cambie, e saiba
que na nosa revista non nos esquecemos dela.
Para ti, Fabiola, e tamén para a túa irmá Macarena,
porque sempre estaredes no meu corazón, e gracias por darme
dous fermosos anos de amizade.
A túa amiga
Ana
|
|