INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
APRENDER A RECICLAR
 
 

En teoría todos os residuos sólidos urbáns poden reciclarse: o vidro, o papel e cartón, materiais plásticos, metais e residuos orgánicos.

O VIDRO
A ventaxa de recuperar o vidro é o importante aforro enexético para producir a materia prima base, así como o aforro no costo de producción.
Como desventaxa do vidro usado son os contaminantes que pode arrastrar, que alteran a calidade e cor do producto final.
Os envases de vidro poden ser:
- retornables (case en desuso)
- non retornables.
Para os non retornables, a maneira habitual de recollida é nos contenedores con forma de iglú, situados na vía pública.

PAPEL E CARTÓN
Proveñen de residuos tipicamente urbáns, como revistas e periódicos.
As ventaxas de reciclar estos materiais son:
- aforro de recursos forestais.
- aforro do 70% da enerxía no proceso.
- menos contaminación atmosférica.
- aforro do 85% de auga no proceso.
A recollida destes materiais basease en contenedores de gran capacidade na vía pública.
Se depositamos o papel e o cartón nos contenedores de residuos orgánicos, a contaminación, e sobre todo o olor do que se impregna, fai que sexa rexeitado en moitos casos é infravalorado económicamente en todo o mundo.

MATERIAIS PLÁSTICOS
Proveñen do envasado de productos alimenticios, de limpeza e de bebidas… o reciclado de plástico conleva un aforro no coste de producción.
O problema dos plásticos é a existencia dunha gran variedade de tipos ou familias con características diferentes que fan que non se poidan recoller conxuntamente. O PVC reutilízase en tuberías, menaxe, etc.

METAIS
Os metais presentan características que non favorecen á recollida.
Os metais férreos, chatarra de ferro e o aceiro son fácilmente recuperables por separación magnética.

RESIDUOS ORGÁNICOS
A introducción nos fogares da recollida selectiva de residuos orgánicos aportará grandes ventaxas e evitará a contaminación orgánica no papel e asegurará que nos seus compoñentes non se mesturen pilas usadas.
Os residuos orgánicos urbáns proceden de:
- alimentación no fogar.
- bares e restaurantes.
- industria e comercio.
Hoxe en día pódense transformar os residuos orgánicos en fertilizantes agrícolas, é o camiño máis lóxico de recuperación e utilizalos para a xeración de biogas.

En teoría isto deberíase facer, pero na práctica, a meirande parte dos habitantes non recicla.
Por iso podemos ver nos nosos ríos e nos nosos montes unha morea de lixo que fai que o noso medio ambiente padeza de mala saúde.


ALUMNOS DE PDC 3º

 

Inicio

Oferta Educativa