| |
A queimada é un conxunto tradicional de Galicia que se fai
para espanta-las meigas, demos, escantamentos e bruxerías.
Estos son os seus ingredentes para catro persoas:
-Augardente: dous litros
-Azucre blanco fino: 250 gramos
-Cáscara dun limón
Debido os seus ingredentes, hai que pensar que a súa orixe
tiña lugar na época medieval, manténdose refuxiada
no mundo rural nos seus dous valores: o terapéutico e o festivo,
ata os anos nos que se foi dando a coñecer como parte indespensable
ó remate das festas máis populares como o magosto,
a matanza...
A queimada ensalza a unión entre os galegos. Fora de Galicia,
este costume é coñecido como exclusivo dos galegos,
onde se manifestan algúns aspectos máis chamativos
do noso folclore.
O acto de facela constitúe un rito complexo no que se pensa
un clima adecuado: luces apagadas, silencio, un hábil queimador,
cántigos etc.
Son moitas as composicións poéticas para esta práctica,
pero a máis empregada e salientable é a que ben recitada
crea certo misterio arredor do cacharro de barro onde se queima
o aguardente.
MARÍA JESÚS MODIA ARES
|
|