| |
Todos sabemos que o mundo está cheo de desigualdades, xa
sexan por sexo, raza, cultura, economía..., pero está
claro que unha das desigualdades máis destacada é
a dos sexos. Na maior parte do mundo, as mulleres están consideradas
seres inferiores, polo que deben estar sempre submisas á
vontade do home. Isto resalta sobre todo nalgunhas relixións
como a musulmana. Ademais, hai máis desigualdades como a
das razas, porque aínda que non o aceptemos, a raza branca
sempre foi considerada superior ás demais. Isto implica que
no mundo exista esa noxenta ideoloxía chamada racismo. Estes
son só uns exemplos das grandes desigualdades que existen
neste mundo noso. Pero aínda que todos sabemos da súa
existencia, hai moi pouca xente que abre os ollos ante isto e fai
o imposible por cambiar esta situación. Ninguén quere
responsabilidades; se todos fixeramos unha pequena cousa, aínda
que fose unha parvada por axudar ós demais, seguro que no
mundo non existirían países pobres e países
ricos; nin morrerían miles de persoas por non ter nada que
levar á boca.
Por iso penso que en pleno S.XXI non pode existir esa mentalidade
de "eu non fixen nada", porque aínda que nós
non fomos os responsables, agora temos a responsabilidade nas nosas
mans, agora é a nosa oportunidade para acabar cos males do
mundo. Con isto non pretendo que sexamos unha especie de Superman,
porque é imposible, pero si que poñamos o noso graniño
de area. Xa que isto non se soluciona con unha guerra, nin con querer
asoballar un pobo por ser máis que alguén, por querer
ter o poder do mundo. Supoño que xa saberedes a quen me refiro,
¿non? pois non pode ser, non podemos permitir que no ano
2000 existan déspotas, iso acabouse, porque, como todos sabemos,
non podemos gañar unha guerra, como tampouco se pode gañar
un terremoto ou un furacán. Pero, pola contra, unha guerra
si se pode evitar, cousa que un terremoto non. O caso é que
non vale ser solidarios chorando pola guerra, ou tendo un sentimento
de acompañamento coas víctimas. O caso é evitar
os feitos, evitar ese ser máis, porque todos somos persoas,
e todos somos iguais, todos temos un corazón, unha alma e
un corpo, que nos pode axudar a cambiar o mundo. Todos queremos
os mesmos dereitos e oportunidades.
Ana Belén Villamor
|
|