INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
AS TRAMPAS DOS HOMES
 
 

Para que as mozas non se enfaden
agora voulles contar.
que fan os homes
para podelas enganar.
Os rapaces de hoxe en día
cando van a festexar,
mesmo parecen o demo
sen acabar de pintar.
De moito zapato baixo
e calcetín de cores,
non teñen para tabaco
e andan coma señores.
Bo traxe e boa garabata
e o gabán no brazo
e se cadra canto levan,
lévano todo ó fiado.
E así desta maneira,
algún hai pintando o rico,
que se cadra canto ten,
leva un corvo no pico.
Con catro pelos de barba
deixan medrar o bigote,
que boa fe semella
que se fan tisnar no pote.
Para facerse máis fermosos,
ata fan ondas no pelo
mais para facer bo mozo,
primeiro fai falta selo.
Cando van para xunto as mozas
cóntanlles cada mentira
que lles fan crer as pobres
o que xamais serán na vida.
Son moi formaliños
en proba primeira
cren gardarlle a tona
a toda moza solteira.
Todos prometen casarse
con moito amor e cariño
por mirar se así lles dades
a rosa do paraíso.
E así que eles conseguen
este sabroso favor,
en vez de darvos as gracias
vanse burlando de vós.
Así é que, rapaciñas,
para librarse destes males
mirade ben o que facedes
que hai poucos mozos formales.
Cando están namorados
son como santos do ceo
pero despois son peores
que os demoños do inferno.
Agora mozas solteiras
gardade ben o que tedes,
que eso non se enferruxa,
e, se non, xa o veredes.


AS TRAMPAS DA MULLERES

As mozas de hoxe en día:
moito teñen que aprender,
para enganar ben os mozos
xa non saben que facer.
Cando teñen doce anos
xa se empezan a pintar.
Xa non pensan noutra cousa
nada máis en casar.
Todiñas cortan o pelo
ou poñen a permanente,
para que os mozos as queiran
non saben como poñerse.
Non lles sirve calquer cousa,
sempre queren a máis fina,
zapato de trinta pesos,
pero a barriga vacía.
Para fora moito luxo,
moito cine e moito baile,
pero moitas das pobriñas
van medias mortas de fame.
O pai que ten catro fillas
está morto e acabado,
cando unha quere un vestido
outra gastou o zapato.
Unha pídelle unhas medias,
outra pídelle un sostén,
para levar ben colocado,
o melloriño que ten.
O pai que casa unha filla
queda tolo de contento,
porque se lle vai da casa
un armario sen proveito.
A Dios debe dar gracias
se non lla encertan os merlos,
porque entón o velliño
ten que amainar nos netos.
Para cumio de tolería,
todas se saben pintar
pintan as uñas dos pés
coas pernas sen lavar.
Agora veulles a moda
dos vestidos transparentes
e as pobriñas das rapazas
van ensinando o que teñen.
Deixarvos de tonterías,
e de tanto prepararse,
que a que nace para ser fea
de nada lle serve pintarse.


María Jesús Modia Ares 2º Bac


 

Inicio

Oferta Educativa