INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
¿ATA CANDO?
 
 

Sábado, un calquera, as doce da noite, diante dun pub calquera. Un individuo A, pegoulle unhas hostias ó individuo B, por mirarlle o cu á individua C, a cal se encontraba bebéndose un chisme en compañía da súa amiga D.
Ambos tiveron que ser separados polo individuo E. Pero ó final individuo A e individuo B chamaron ós primos, veciños, amigotes,e ó que se encontraba por alí cunhas copas de máis, etc..... E acabou nunha liorta con tantos individuos que aparte de non chegarme as letras do abecedario para nomealos a todos, montaríavos un lío na cabeza que nin vos vai nin vos vén.
E eu preguntome: ¿De verdade este tipo de xente merece ter a súa fotográfia nun DNI? ¿De verdade podemos tratalos como persoas normais? ¿De verdade hai persoas, que non senten a menor dor ó facer sangrar a outra persoa?
Home, quizais é só cousa miña, pero creo que isto é intolerable.
Por exemplo estás con estes "machosmans" e cóntanche as súas batallitas, todos cheos de orgullo,mentres a min se me poñen os pelos do brazo de punta, escoitando comentarios do tipo: "pegheille unha hostia, que lle quedou o nariz sangrando,jojojo", "E que xa o avisei, e dame ighual se desta vez ten que ir ó centro médico",e frases desta calibre, aínda que creo que as elixín bastante suaves.
Eu creo que as cousas pódense amañar falando. Se che cae mal unha persoa, pois xa está, ninguén nos obriga a levarnos ben con todo o mundo, para iso xa buscas xente coa que te leves ben e relaciónaste con ela.
¿Que alguén che anda tocando os melindres? Pois deixádeo, xa se cansará ou senón amañade falando.Pero xamais pegarvos uns bofetóns, que non amañan nada, o único que traen son dores musculares, feridas, rabuños, hematomas, etc....Que total sempre son por discusións estúpidas.
Claro, depois matan a un home, que só intentaba defender a un neno de 14 anos duns hinchas do equipo contrario, e hai xente ás que nin lles dá un mínimo de pena, por xa non dicir a quen lle parece o máis normal do mundo.
En fin,con todo isto quero dicir, que non pensedes que por pelexarvos ou romperlle o brazo a alguén vos vai crecer pelo no peito, converténdovos en máis homazos ou tamén en máis mullerazas. Así o único que demostrades é, que sodes nenos pequenos, que se pelexan por ciúmes ou rencores.
Creo que non dixen nada que non souberades, só dixen algo que cada vez sucede máis frecuentemente e non me gusta, o que si me gustaría e non ter que escribir este artículo.


@ pacífista de turno

 

Inicio

Oferta Educativa