INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
A VODA DO SÉCULO
 
 

O PRÍNCIPE FELIPE CASA, E A AFORTUNADA É...
DNA LETIZIA ORTIZ ROCASOLANO

Durante moitísimos anos, tódolos españois preguntabámonos: ¿quen será a futura raíza de España?
A primeira voda da Casa Real Española foi a da infanta Dna Elena co Duque de Lugo, D. Xaime de Marichalar, o dezaoito de marzo de 1995, celebrouse na Catedral de Sevilla, e dese enlace naceron dous fillos: Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, e Victoria Federica.
A segunda voda da Casa Real foi a da infanta Dona Cristina e o xogador de baloncesto D. Iñaqui Urdangarín, o catro de outubro de 1997 na Catedral Basílica de Barcelona. De ese enlace naceron tres fillos: Juan Valentín de Todos los Santos, Pablo Nicolás e Miguel de Todos los Santos.
Cando foi a pedida de man da Infanta Dna. Cristina e D. Iñaqui Urdangarín, estaban facendo a foto familiar, cando unha xornalista lle suxeriu ó Príncipe de Asturias se non se sentía aludido agora que casaran as súas irmás, ó que el contestou que non oía ben dese oído.
Por fin, despois de oito anos de espera, sabemos quen é a prometida e que día se celebrará o enlace matrimonial.
A prometida é Dna. Letizia Ortiz Rocasolano.
A parella fixo a súa primeira aparición en público o día un de novembro, foi o día que anunciaron o seu compromiso, diante dos medios de comunicación; ese mesmo día era o aniversario de Dna. Sofía.
Cinco días despois, o seis de novembro, foi a pedida de man, onde a parella estivo moi normal, moi aberta ós medios de comunicación, e onde se intercambiaron regalos. O Príncipe de Asturias regaloulle, como a tradición manda, un anel, moi elegante e á vez moderno. Dna. Letizia Ortiz regaloulle uns xemelgos preciosos. Logo, entre eles, tiveron regalos privados; D. Felipe regaloulle unha xoia familiar e Dna. Letizia Ortiz un libro titulado El Doncel Don Enrique el doliente, un dos libros máis vendidos dende o día que Dna. Letizia llo regalou a D. Felipe e, supoñemos que será un dos principais regalos deste Nadal. Seguidamente a parella mantivo unha roda de prensa no Palacio de El Prado e pasearon polos xardíns.
A voda será o día 22 de maio ás doce da mañá, segundo anunciou o portavoz da Casa Real. O enlace matrimonial, como se anticipou o día do compromiso, celebrarase na Catedral madrileña de Nuestra Señora de la Almudena. Ata entón, todos os detalles serán coidados. Celebrará a ceremonia Monseñor Rouco Varela. Haberá uns tres mil invitados das casas reais, e moitísimos gardas de seguridade.
Só nos falta saber uha cousa, ¿como irá vestida a noiva? Iso non o saberemos ata ese día.
Nós, dúas alumnas de 3º da ESO E, fomos por todas as aulas de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, seleccionando a dúas persoas voluntarias de cada clase e facendolles dúas preguntas:
1. ¿Gústavos Letizia Ortiz como futura Raíña?
2. ¿Gústavos que haxa monarquía en España?
Empezamos en 4ºA, as voluntarias Paula e Ana dixeron que lles gustaba
tanto a futura raíña como que haxa monarquía.
En 4ºB saíron Aritz e Mirta. A Aritz non lle gusta como futura raíña e tampouco que haxa monarquía, mentres que a Mirta gústanlle ambas cousas.
En 4ºC foron voluntarias Celtia e Ruth. A Celtia gústalle tanto a candidata como a monarquía, mentres que a Ruth gústalle Letizia, pero non contesta a pregunta sobre a monarquía.
En 4ºD falaron Diego e Fan. A eles gústalles a futura raíña e tamén a monarquía.
En 1º Bac.A saíron voluntarias Natalia e Anahí. A ningunha das dúas lles gusta como futura raíña, e menos a monarquía parlamentaria.
En 1º Bac.B foron Roberto e Juan. A Roberto gústalle a candidata e a monarquía, mentres que a Juan gústalle Letizia Ortiz, pero non a monarquía parlamentaria.
En 1º Bac. C saíron Iago e Mariana. A Iago gústalle ela e a monarquía, mentres que a Mariana élle indiferente.
En 2ºBac.A falaron David e Lucas. David contestou afirmativamente as dúas preguntas e Lucas negativamente.
En 2º Bac. B saíron Marcos e Gonzalo. A Marcos non lle gusta ningunha das cousas, pero a Gonzalo si.
En 2º Bac. C saliron Ignacio e Minia. Os dous opinan o mesmo, gústalles Letizia Ortiz e tamén a monarquía.
Tamén preguntamos pola súa opinión ó alumnado de 3º ESO E e resumimos alguns dos comentarios que nos fixeron:
- Paréceme ben, se eles están contentos.
- Ben, porque é española, pero como está divorciada...
- Non fan boa parella, xa que ela teríase que subir a unhas escaleiras.
- É fea e non vale para o Príncipe.
- É guapa.
- É moi guapa e responsable, exprésase moi ben e pode desenvolver un bo papel como futura raíña. Vai ter fillos moi guapos.
- Dáme igual e paréceme unha trapallada o da monarquía.
- Ben, pero hai máis xente en España que está solteira.
- Cáeme moi ben e deséxolle moita sorte. Será unha boa raíña.
- Non debería haber monarquía, porque o único que fan é chupar os nosos cartos, e fan festas, teñen criados...
- É boa muller e é posible que faga ben o seu papel de princesa.
- Se a quere, moi ben.
- É boa para princesa e ten boas características, "pega" co príncipe.
- É boa e trata ben os xornalistas porque ela xa estivo nese lado

Queremos dar as gracias ás persoas que nos facilitaron a súa opinión e tamén ó profesorado que tiña clase con eles a esa hora. Moitas gracias a todos.
E xa nos despedimos desexándolles todos os nosos parabéns ó Príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, e a Dna. Letizia Ortiz Rocasolano.

Cristina López
Elena Rodríguez

Nós, un grupo pequeno de rapazas de 3ºD, temos unha opinión propia sobre a futura raíña de España, Dona Letizia Ortiz, aínda que a maior parte dos nosos compañeiros e compañeiras non teñen unha idea formada ou non queren opinar.
Pensamos que é unha muller con ideas novas e propias, con un carácter definido e unha boa carreira profesional, e, a pesar de ser moi nova, ten moita experiencia.
Algunhas das súas afeccións son: ler, viaxar, e tamén se preocupa moito polos problemas da humanidade.
A moita xente non lle parece ben o seu estado civil, xa que é divorciada, pero a nós iso non nos importa, porque somos unha xeración aberta a novas ideas e non discriminamos a ninguén.

Cristina Vizcaíno
Tania Vázquez
María Cabanas
Elma Barreiro

 

Inicio

Oferta Educativa