INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CABO DE ANO DE MAN
 
 

O noso protagonista chamábase Mangfred Gnadinger e naceu o 27 de Xaneiro de 1936. Sabemos que eran sete irmáns e que axiña morreu a súa nai pero pouco máis se coñece do seu pasado, soamente que apareceu no ano 1961 nun día de festa en Camelle.
O mestre do pobo acolleuno na súa casa e naquela etapa Man era admirado pola súa elegancia, a súa extremada educación e as súas mostras de relixiosidade. Foi nese tempo cando Man se namorou de María Teresa, unha fermosa mestra de Porto do Son coa que compartía longas conversas.
Pero un mariñeiro mercante levouna ó altar e a Man quedoulle máis tempo para pensar na arte e poñer en práctica a súa paixón polos animais e a natureza. Man comezou así, pouco a pouco, a sumirse na soidade e na paz interior.
A principios dos anos 70, un veciño dooulle uns metros de terras e rochas na Alta de Camelle. Alí construíu o seu museo, abandonou a roupa e viviu espido en verán e inverno.
Man converteuse así na máxima atracción turística de Camelle ata que morreu o ano pasado desfeito ó ver o seu Museo cheo de chapapote. Non foi capaz de superar aquela tristura.

Damaris Fernández Baptista
Airina Trincheri Gordon . 2º ESO-D

O ARTISTA ANACORETA DE CAMELLE

Man naceu a pés do lago Costanza entre Suíza e Austria. Naceu en Radolffzlle (Alemania). Manfred Gnädinger naceu o 27 de xaneiro de 1936 e chegou a Galicia un domingo de 1961 camiñando pola Costa da Morte.
Manfred era un home traxeado e moi educado. Naqueles tempos, Man namorouse de María Teresa, unha fermosa mestra de Porto do Son, pero un mariño mercante casou con ela. Así, Man tivo máis tempo para pensar e poñer en práctica a súa paixón polos seres vivos.
Anos máis tarde, aló polos anos 70, dooulle o que ía ser a súa casa. Alí fixo un museo e volveuse vexetariano.
Nunha ocasión, o seu amigo Xosé Antonio Suárez Pallas gravoulle unhas imaxes dun museo de Madrid para que puidese ver a arte que tanto lle gustaba.
En 1974 déronlle unha malleira a escondidas por poñerse diante dunas máquinas apaleadoras que lle querían destruír o seu museo e posteriormente, no ano 1991, tivo outro altercado cos mariñeiros da zona.
O 13 de decembro do 2000 cae enfermo e a súa deficiente circulación deixa maltreita a súa perna dereita. Dous anos despois, ocorreu a traxedia do Prestige que encheu de chapapote o seu museo sen que Man puidera facer nada por salvalo.
Ó cabo dunhas semanas, morreu. Agora cúmprese o primeiro cabodano da súa morte.

Borja Pérez Rodríguez e Gutier Martínez Prado S2C


Man encargaba libros de escritura e arte a Alemaña e pediu que lle gravasen nunha cámara de vídeo as obras do museo Raíña Sofía. No ano 1984 empezaron as súas discusións cos habitantes da zona o que provocou que algunha xente quixera que se fose aínda que moita outra prefería que quedase. Finalmente, conseguiron que se quedase pero no ano 91 tivo outro serio altercado cos mariñeiros de Camelle porque se queixaban de que os troncos e pólas que adornaban o seu Museo poñían en perigo ós barcos porque a ondas podían arrastralos dende o seu Museo ata o mar.
Man cae enfermo o 13 de decembro do 2000 e iso engadido á traxedia do "Prestige" do ano 2002 causoulle a morte xa que non puido superar a inmensa tristura que lle provocou ver o seu museo inundado de negro chapapote.

Era un home moi especial que todos debemos coñecer.

Vanessa Taboada Vázquez. S2D


Man, o alemán de Camelle, era un home moi querido por todos os seus veciños. El levaba xa un tempo enfermo e co do Prestige púxose moito peor e morreu.
Había unha veciña que o levaba ata o hospital para facer unhas análises do sintrón. A última vez que visitou o hospital foi quince días antes de súa morte; tiña as pernas moi denegridas e seguía moi mal.
O noso protagonista chegou a Camelle o día do Espírito Santo e alí coñeceu a unha mestra da que se namorou e ela foi a causa de que quedara para sempre en Camelle.
Man era tan querido que unha veciña sempre lle levaba un bolo tradicional pola Pascua. Cando morreu, como el non tiña panteón, os seus veciños ofrecéronlle os seus.
Unha muller alemana esforzouse por ir ó seu enterro e asegurou que o Papa recoñece a figura de Man e dixo que "Deus o premiará".

Ana Belén Sánchez Quintela e Cristina Sanguiao Vázquez. S2D

Hai moitos anos chegou a Camelle un xoven alemán que, marabillado por esta zona da Costa da Morte, quedouse a vivir nela nun compromiso de perfecta harmonía. Man era alto e delgado, vivía nunha caseta chea de círculos de cores rechamantes.
Estivo 40 anos sen roupa, desde 1962 ata o 2002 que morreu. Será un personaxe lembrado por todo o mundo. A entrada para ir ver a súa caseta valía 1 Euro e a cada persoa que ía alí dáballe uns lápices de cores e unha pequena libreta para que debuxaran o que máis lle guatase do seu museo.

José Angel Penas López e Santiago Mariñas Roa. S2 C


Man chegou a Camelle en 1961. Viña moi ben vestido e relacionábase coa xente, pero un desengano amoroso levouno á transformación total.
Man construíu un museo de pedras onde tiña a súa casa, mellor dito, unha caseta pintada de rechamantes círculos de cores pola que cobraba 100 ptas pola entrada e despois 1 euro.
Era un home delgado e alto con pelo e barba longa; un home moi san que non quería fumadores preto del. A súa única roupa durante 40 anos foi un taparrabos.
Pero Man era un home forte gracias á dieta vexetariana que levou sempre. Era ademais un bo deportista, camiñaba e camiñaba na busca de pedras e ósos de animais no monte e nadaba ata a praia de Traba.

Man debería ser lembrado polo seu amor á natureza e ós seus veciños

Miguel Vázquez e Ignacio Sánchez- 2º ESO- D


En Camelle, despois da morte de Manfred Gnadinger, decidiuse o futuro do seu museo. Case todos opinaban que hai que manter e coidar todo o traballo realizado durante 40 anos polo coñecido alemán xa que era, sen dúbida algunha, o máis importante e destacado de Camelle.
Moita xente dicía que Man era "un amigo de todos".
Un médico dixo que foi unha insuficiencia respiratoria, pero a xente dicía, convencida diso, que "o do Prestige acabou de matalo".
Man foi enterrado nun nicho cedido polo cura párroco de Camelle. os veciños e veciñas non se esquecerán facilmente del.


Tomas Mato Amboage, Borja Casal Costoya e Javier Rúa Varela. S2C

 

Inicio

Oferta Educativa