INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CARTAS A AMINA
 
 

Ola Amina:
Somos dúas alumnas dun Instituto de Melide e queremos dicirche que nos parece moi mal que, simplemente porque esteas separada non poidas ter un fillo con outro home. Tamén nos parece salvaxe e moi duro que por ese motivo xa te queiran matar pois iso nin sequera o faría un animal.
Nós, cando coñecimos o teu caso, asinamos rapidamente e, se sabemos de outra cousa semellante, volveremos asinar cantas veces faga falta.
O día 25 de setembro recibimos con gran alegría a noticia do teu indulto. Estamos felices e queremos que teñas ánimos porque tes una nena moi feitiña e fermosa que coidar e desde aquí, desde Galicia, desde España, queremos enviarche moitos ánimos.
Estamos contentas porque nós fomos dúas rapazas entre os 10.000.000 de sinaturas que se conseguiron para pedir que te perdoaran
¡MOITAS FELICIDADES!
¡ÁNIMO, AMINA!

Natalia Penas Mato e Vanesa Penas Torreiro 2º C


Querida Amina Lawal:

Somos tres alumnas do I.E.S. de Melide, situado en Galicia (España) e queremos dicirche que a túa nena é preciosa. Alégranos moito que non te condenaran a morrer por lapidación. Estivemos cinco horas diante da pantalla dun ordenador e puxemos máis de 200 sinaturas para que te puideras salvar.
Debes de estar moi feliz porque vas poder coidar a túa nena toda a vida. Parécenos moi inxusta a lei que tedes no voso país xa que ás mulleres trátanvos como animais, e pensamos que son inhumanos ese tipo de castigos, sobre todo para inocentes coma ti.
Cremos que o presidente de Nixeria debera cambiar as leis, porque como a lapidación siga adiante, todo o mundo vai acabar odiando a ese país: un país machista e inxusto, cunha lei absurda que mata sen ningún dereito e que fai que moitos nenos nenos pequenos queden sen a súa nai.
Desde aquí apoiámosvos, a ti e a todas e todos os condenados inxustamente, e volveremos poñer as nosas firmas e tempo cando volva ser necesario.
¡¡Ánimo Amina Lawal!!


Ana Pazos Bendoiro´, Paula Pájaro Codesido e Patricia Rodríguez Mosteiro. 2º ESO- C


Señor Presidente de Nixeria:
Cada vez que mates a alguén pensa que tamén cho poden facer a ti. Aínda hoxe, coñecín a noticia de que condenaron a outro home a lapidación, menos mal que perdoastes a Safiya e a Amina.
Sempre estades condenando alguén, sempre estades matando a inocentes e, por se fose pouco, matades cruel e dolorosamente. Iso é algo propio de salvaxes, non de seres humanos.
O único que estades conseguindo é que case todo o mundo estea en contra vosa. Queremos dicirlle que, cando nós coñecimos o caso de Amina, de seguido asinamos para que non a lapidasen porque nos pareceu moi mal.
A nos gustaríanos que desaparecesen todas as crueldades do mundo; alegraríanos moito.
NON A LAPIDACIÓN

P.D: Somos de Melide, un pequeno pobo de Galicia.

Borja Casal Costoya e Tomás Mato Amboage 2ºESO C


NON ÁS LAPIDACIÓNS


Nós, uns rapaces do Instituto de Melide, estamos enterados das torturas do seu país e parécenos algo realmente escandaloso porque é unha verdadeira barbaridade e salvaxada.
Non entendemos como poden facer iso no século XXI.
Ademais, non estamos de acordo coas formas de condear ós presos, tampouco nos parece normal o que pasa nos EE.UU. onde aínda se emprega a silla eléctrica.
Tamén estamos en contra da lapidación e por iso decidimos asinar para que Amina Lawal non fora asasinada a pedradas.
Todos nós queremos dicir ben alto e forte

Non ás torturas e Non ás guerras.

Gutier Martínez Prado, Borja Pérez Rodríguez e Javier Rúa Varela. 2ºESOC


 

Inicio

Oferta Educativa