INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CAZATESOUROS
 
 

- ¡Capitán!¡Capitán!, atopamos este diario no interior da pirámide, quizáis nos revele algo sobre estas estrañas mortes.
- Moi ben, Joe, vamos a lelo, Ah!, por certo, é vostede un bo axente de policía.

Diario de Robert Masterson 2 de Outubro de 1990

Encóntrome a bordo do avión con destino a Brasil, xunto a min viaxa a miña fermosa axudante e compañeira Sidney Owens. Dirixímonos á selva amazónica en busca dunha estatua de ouro que se encontra según un pergamino que teño no meu poder, no interior dunha pirámide moi antiga; pero nós estamos dispostos a recuperala.

Diario de Robert Masterson 3de Outubro de 1990

Xa estamos en Brasil, máis concretamente na súa capital Brasilia. Sidney e eu que, por certo, cada día está máis fermosa, imos coller unha avioneta para que nos leve xunto á pirámide e unha vez alí, como non poderá aterrizar, tirarémonos en paracaídas.
Encóntrome frente á pirámide, a aterrizaxe foi un éxito, bueno, para Sidney non, porque rasgou a camiseta e a chaqueta e está algo enfadada; pero a min encántame o seu aspecto agora que se quitou a chaqueta e a camiseta marca a súa figura.
Estase facendo de noite, así que decidimos acampar aquí e entrar mañá na pirámide. Estou moi lento, xa que como só trouxemos unha tenda de campaña Sidney e eu compartímola.

Diario de Robert Masterson 4 de Outubro de 1990

Dispoñémonos a entrar na pirámide, a noite foi xenial. Avanzamos ata onde se supoñía que debería estar a entrada, pero alí só habífa unha gran lousa de pedra.
Sidney dixo que debería haber algún mecanismo que abrise a porta, e púxose a tantear as paredes. Estaba moi fermosa coa súa cabeleira rubia, a súa camiseta axustada e o seu pantalón.
Por fin, despertei, está todo moi escuro e encendín a miña linterna polo visto. Sidney accionara algún mecanismo e o só abriuse ante os nosos pes.
¡OU NON!, acabo de darme conta de que a miña preciosa compañeira xa non está comigo, xunto a min só está a súa camiseta e un dos seus zapatos. Funme daquela habitación na fque me atopaba a través dun pasadizo segredo que atopei nunha das paredes. Agora encóntrome nun gran corredor e logro ver e escribir gracias á luz da miña linterna. Encontrei outro zapato de Sidney e xunto el unha pegada que sería o dobre da miña. Estou un pouco asustado e seguindo o rastro das pegadas que agora vanse facendo máis profundas, coma se quen fose el ou que deixase esas pegadas cargase con algo ou, tal vez coa miña querida Sidney. Acaba de pecharse o corredor detrás miña cunha gran lousa de pedra.
Posto que xa non podo volver para atrás sigo para diante seguindo esas misteriosas pegadas. Cheguei a unha cámara decorada con estatuas e moitas cores e sinais que, para calquera outro serían indescifrables, pero para min, que estudiei arqueoloxía antiga, non o son. Dispóñome a ler o que máis resalta e di o seguinte: "Todo aquel que se atreva a entrar na pirámide corre un gran perigo de morte, xa que nela, escóndense moitas trampas e un meigallo".
Acabo de activar unha das trampas ó pisar unha lousa e as paredes da cámara vanse facendo cada vez máis e máis pequenas e intentar aplastarme, estou desesperado, sei que vou morrer, ¡Non! Estou salvado, nunha das paredes abriuse unha porta, pero vin irse tras dela algo que parecía un mañoso de teas sucias e ferrapentas. A pesar de todo e do asustado que estaba entrei na porta e menos mal que tiña a lanterna, porque o pasadizo que alí había estaba moi escuro. Comencei a caminar pensando na probabilidade de saír daquela trampa mortal, cando de súpeto oín un gran estrondo e vexo unha gran rocha vindo cara min rodando, comezo a correr sen saber onde vou e atópome sen saber cómo na gran cámara real coa pedra que antes me perseguía empotrada na entrada, tapando a única saída. Na cámara hai unha grande cantidade de obxectos de ouro e pedras preciosas, sen dúbida un gran tesouro para min se logro saír vivo de aquí. Acabo de fixarme que, situada nun oco da parede, está a estatua de ouro que viñamos buscar Sidney e eu; por certo, pregúntome que pasaría con ela.
Antes de poder cegar ata ela hai un ataude de ouro macizo. Movido pola curiosidade dispóñome a abrir a pesada tapa e ver o que ¡Oh, meu Deus! Non, non, é imposible; dentro do ataude e semiespida estaba a miña fermosa e doce Sidney cunha espada clavada entre os seus ensangrentados peitos. Deixo caer a tapa de repente e isto orixina un gran eco, producido polas grosas paredes da sala que axuda a aumentar máis o meu terrorífico medo, porque, ¿quen ou que podería matar así a Sidney?. Máis sereno e tranquilo dispóñome a saír de alí con todo o que poido levar na miña carteira e ¿qué é iso? abriuse unha porta nunha das paredes e ou non, non, Deus ten piedade de min!.
- Visto isto ¿que opina capitán?
- Pois a verdade non o sei Joe, a última páxina do diario está ensangrentada e descubriron dous cadáveres ahí dentro, ¿non é así?
- Si capitán, unha muller cunha espada clavada no peito e un home coa cabeza aplastada, e xuno a el só teas ensangrentadas.
- Pois moito me temo; meu querido Joe, que nunca saberemos o que lles ocorreu a esos dous intrépidos "cazatesouros".

MARÍA VÁZQUEZ PINTOS 3ºD

 

Inicio

Oferta Educativa