INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CIENCIAS E LETRAS
 
 

Este curso na miña clase somos a metade de letras e a metade de ciencias, e como veredes, é un caos. En primeiro lugar, non sei a quen se lle ocorreu a marabillosa idea de xuntarnos, xa que somos incompatibles, e non me refiro ós compañeiros, pois dentro do que cabe levámonos ben, senón que, como temos moitas optativas é imposible poñernos de acordo á hora de datar un exame, pois os de letras non nos imos fastidiar por eles nin ó revés. Co cal, volvemos ós profesores e a nós mesmos, tolos. Pero o que máis me molesta é que como os de letras somos máis, ó datar un exame común apoiámonos, normal,¿non?. Pois ben, os de ciencias quéixanse, porque din que como somos máis sempre gañamos, e así os seus votos teñen que valer o dobre. Eu en parte compréndoos, porque sempre levan as de perder, pero iso de querer que os seus votos vallan o dobre non me parece xusto, porque eu son unha persoa coma eles, e por ser de letras non vai contar o meu voto menos có deles. Noutras palabras, a nosa clase é un caos total. Con isto quero pedirlle a quen se lle ocorreu esa "magnífica" idea, que este anos pasa, porque o feito, feito está, pero para o ano que vén e posteriores, por favor non fagan iso, porque é unha cuestión de lóxica, xa que todos temos materias moi diversas, e procuramos non xuntar moito os exames, debido a que este curso é moi curto.
Ben, dito isto, ata outra e gracias por escoitarme.

Ana Belén Villamor

 

Inicio

Oferta Educativa