INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CONCEPCIÓN ARENAL
 
 

A primeira muller universitaria

Concepción Arenal naceu no Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e desde nena desexou ser avogada. Pero, naquela época, ás mulleres non lles estaba permitido ir á Universidade polo que tivo que vestirse de home para poder acudir ás clases. Deste xeito, foi a primeira muller que entrou nas aulas universitarias españolas.

Durante a súa vida loitou moito por mellorar a situación da muller dentro da sociedade e fundou diversas organizacións benéficas como unha asociación para a construcción de casas para obreiros. Entre os cargos públicos que desempeñou están o de visitadora xeral de prisións de mulleres (1863), o de inspectora de casas de corrección de mulleres ou o de Secretaria Xeral da Cruz Vermella de Madrid (1871).

Concepción Arenal é considerada unha das "nais do feminismo español" e referencia obrigada dentro das correntes teóricas feministas.

Algunha das súas obras son:
· O visitador do pobre
· A cuestión social. Cartas a un obreiro e a un señor
· A beneficencia, a filantropía e a caridade
· A muller do porvir
· A educación da muller
· A condición social da muller en España.

Morreu en Vigo o 4 de febreiro de 1893.

VANESSA TABOADA VÁZQUEZ 2-ESO-D


 

Inicio

Oferta Educativa