INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
DA SUA FAME COMEMOS
 
 

Tódolos países que foron colonias de Europa están a padecé-lo mal crónico dá pobreza; pero temos que facer algunhas excepcións: EEUU, Canadá ou Australia, nas que os colonos ingleses, franceses, alemáns...non se integraron coa poboación indíxena senón que a exterminaron.

A fame no mundo sitúase na meirande parte de Asia, África, Centro e Sur de América...En todas estas zonas a situación económica é moi semellante, como tamén o son os métodos dos EEUU e os seus aliados occidentais para facerse co control dós países amosándose coma os gardiáns dá liberdade e a democracia, cando a realidade é que eles provocan as guerras internas (a venda de armas é un negocio moi lucrativo para os países occidentais) coa finalidade situar gobernos que obedezan ós seus intereses. Así tódolos réximes "democráticos" elaboran unha política de desenvolvemento que satisfaga ós banqueiros do exterior, Banco Mundial e Fondo Monetario Internacional, controlados por Washington.

As medidas que manda adoptá-lo F.M.I. sempre son as mesmas: cumprir coas débedas, conxelá-los salarios, aumentá-los prezos, austeridade no sector público e disminución dós controis estatais. Se en vez de pagar a débeda na súa totalidade, esas inmensas cantidades se invertisen en actividades productivas, a economía daría a volta. Outras propostas que contribuirían a superá-la situación de pobreza serían que cada país desenrolado adicase un 0,7% do seu P.I..B. e o cedese a estes países; outros opinan que o ideal sería unha cancelación parcialmente a débeda, pero todo isto non interesa nin ós países desenrolados nin ás multinacionais que xunto có B.M. e o F.M.I dictan as regras de comercio internacional e o sistema económico único ou globalización.

Coma se duna broma macabra se tratase, nen Guatemala, O Salvador, Porto Rico, Perú, Nixeria, Croacia, India, Afganistán... parecen ter xa nengún aspecto de violencia, represión, inxustiza ou subdesenrolo económico; só amosan ter algún problema "natural" e inevitable coma o cólera, a fame ou os desaparecidos.

 

Inicio

Oferta Educativa