|
Debo ocultar que te quero
como se fora un pecado mortal
ninguén sabe que ti es o meu soño
un soño que é realidade.
Se soubeses que te amo
pensando quedaríaste;
se soubeses como te amo
seguro que virías.
O cariño que eu sinto por ti
é profundo e verdadeiro;
oxalá ti me quixeras
como eu a ti te quero.
Ana Vázquez
3º ESO-E
|