| |
1.-
Déitome cedo para poder verte
si, para poder verte nos meus soños
xa que non sei onde te atopas
e... por iso prefiro pasar a vida
soñando antes que pensando, porque
se soño podo ver o futuro ó teu carón
e se penso só podorecordar que
xa non estás ó meu lado.
2.-
Sempre tiven medo ao amor,
nunca me quixen namorar,
pero cando te coñecín,
xa non o puiden evitar.
3.-
Cando te vin, nin me
chamaches a atención
pero pouco a pouco
roubáchesme o corazón.
Agora pídoche que mo volvas
e... pídocho con razón
poraue só eu sei a dor que
me provocou a túa traizón.
(Anónimos)
|
|