| |
Elaborado a partir da planta "Nicotiana Tabacum", o tabaco
converteuse hoxe no vicio máis confesable do mundo. Sen embargo,o
seu carácter nocivo fixo aparecer,xa desde séculos,unha
auténtica cruzada anti-tabaco que libra durante os últimos
meses a súa loita máis cruenta.
A partir do ano 2006 os europeos non veremos máis vallas
publicitarias nin anuncios en revistas relativos ó tabaco.En
1999 o parlamento europeo aprobaba a medida cunha sorprendente unanimidade
e rodeados dunha forte polémica.
Para eles, prohibir a publicidade non ocasionará un descenso
no número de fumadores.
A AET recorda que os puros e os cigarros dan traballo a miles de
persoas e que os intereses que os rodean poden verse gravemente
afectados.
A guerra entre fumadores e non fumadores segue máis aberta
e máis de moda que nunca: o propio Al Pacino, que tantos
cigarros fumou durante a rodaxe da saga del "El padrino",
roda agora unha cinta anti-tabaco, "Man on the people",
dirixida por Michael Man. Tras a publicación da noticia nunha
cadea de televisión, o escándalo foi maiúsculo.
Neste cruce de difamacións e denuncias o Club dos fumadores
aporta unha nota de desenfado para apostar por unha maior liberdade
de decisión do individuo no seu decálogo do bo fumador:
Decálogo do bo fumador:
1- Fume ben, se fumar é un pracer,¿por que facer de
iso un vicio?
2- Non apure o cigarro ata o final.
3- O tabaco é un símbolo de amizade. Non o faga odioso
para os non fumadores.
4- Do tabaco non aspire só o fume. Inhale tamén vontade.
5- Fumar é cousa de homes e tamén de mulleres, pero
non de nenos.
6- Non tire as cabichas, deposíteas apagadas.
7- Pénseo, o tabaco axuda a pensar. E a outras cousas.
"PERO RECORDA, FUMAR MATA"
|
|