INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
ENTREVISTA Ó ALCALDE
 
 

Bos días D. Miguel, quixéramos facerlle unhas breves preguntas para un artigo de INTRES, a nosa revista do IES. Ben, imos aló:

1.- ¿É moi duro ser dirixente e representante dunha vila e ó mesmo tempo senador?
Non, é levadeiro, sempre e cando haxa vontade.

2.- ¿Que é máis doado: alcalde ou senador?
Iguais, son bonitos os dous cargos e identifícome persoalmente.

3.- ¿Por que decidiu dedicarse á política?
Porque me gusta dedicarme á vida pública, preocuparme polos demais.

4.- ¿Que é o que máis lle gusta da súa profesión? ¿E o que menos?
O que máis me gusta é que saian as cousas como son propostas, a sociedade agradéceo, por outro lado, o que menos me gusta é conseguir unha cousa e que non saia o que se espera.

5.- ¿Gustaríalle, en certo modo, deixar de lado a política para dedicarse a outra cousa? ¿A cal?
Algún día deixareina para dedicarme á vida persoal.

6.- Agora quixéramos falar do que ocorre no pobo. ¿Que sucede coa autovía Lugo - Santiago? ¿Por que nun principio non quixeron que pasara por Melide?
Iso é cousa do Ministerio, hai varias opinións, pero pasará preto de Melide.

7.- Referíndonos ás "promesas" que fixo cando houbo eleccións, ¿onde está ese centro para os festexos da xuventude? ¿E o cine que hai tempo dixo que ían construír?
Dentro de pouco abrirase. Non haberá cine, poderanse proxectar películas no novo auditorio con 500 prazas.

8.- As pistas rurais están en mal estado, non basta só con tapar de mala maneira as fochas con aglomerado, ¿por que non se arranxan debidamente?
Esa pregunta está fóra de ton e lugar, non respondo, pero as pistas están en perfecto estado. (Nós cremos que non está fóra de ton, senón que non atopa resposta !)

9.- O "Palacio de Congresos e Exposicións de Melide" está un pouco esquecido. ¿Por qué non se organizan concertos ou mesmo algún concurso de vez en cando?
Claro que si, pero ten que haber interese por todas as partes.

10.- Outro tema moi importante para os mozos... ¿Que acontece co pavillón que se ía facer ó lado do instituto? ¿E as cubertas das canchas do patio?
Este proxecto xa está adxudicado, logo comezará a facerse, as canchas non se cubrirán por petición da dirección do IES.

11.- ¿Non se tiña pensado facer un centro comercial na nosa vila? Agora que abre o Eroski en Lalín, isto prexudica o comercio, e polo tanto ós melidenses.
Íase facer no IES vello, pero despois dun estudio de fiabilidade feito por MERCASA, decidiuse non facelo porque non era rendible.

12.- ¿Ten pensado algunha iniciativa para "as festas de San Roque 2004"?
Para iso hai unha comisión organizadora. Adiantarase unha programación no primeiro trimestre do próximo ano.

Ben, isto foi todo. En nome do alumnado e en especial daqueles que fan posible a publicación da revista. Dámoslle as gracias pola súa colaboración


ISABEL SUEIRO CARRÓN (S4C)
VERÓNICA MONTERO RODRÍGUEZ (S4C)

 

Inicio

Oferta Educativa