| |
A verdade é que non sabía como comezar esta redacción,
ou como se chame. Para ser sincera, nin sequera sei como continuar
ata encher a folla. ¿De que vai esta redacción? ¿E
se vos mandaran facer unha redacción da miña redacción?
Véxoo "chungo". ¿Cal sería o tema?
Que non sei facer unha redacción.
Non sei de que falar. Suponse que debo falar de cousas de acordo
coa moral, cousas boas e xustas ou críticas ó PP,
pero non o vou facer, mira ti, non me dá a gana. ¿Que
de que me apetece falar? A verdade é que de nada, porque
hoxe en día non se pode dicir nin facer nada que logo cho
censuran. ¡E despois din que hai liberdade de expresión!
Éntrame a risa.
¿E se agora, que estou escribindo con tanta paciencia, meditando
e pensando as cousas antes de escribilas, sen deixarme influír
pola opinión de ninguén... non me collen este traballiño
para o Intres? ¡Acabaríase a miña vida como
escritora! Alá van as miñas calidades literarias para
a carpeta dos rexeitados. Derrubaríase a miña carreira
artística e sufriría unha depresión inmensa.
A verdade é que eu isto tampouco o metería no Intres...
eso quedou en mans dos que o escolleron, así que se non vos
gusta, escribide un artigo coas vosas queixas botándolles
a culpa a eles.
¡¡Animádevos a escribir no Intres, que sempre
somos os mesmos!
Lucía Lugrís Casares. 1º Bac.B
¿...CON ESTAS VISTAS NON SE OCORRE NADA?
|
|