| |
Era unha nena duns sete anos, nesa idade por causas da vida ela
perdeu seu pai.
Esa nena dende que o perdeu só tivo o cariño dunha
persoa, súa nai. Ela estaba contenta co que tiña,
pero sabía que lle faltaba algo e era alguén que a
aconsellara, alguén que a quixera, alguén que a mimara
e a coidara como unha filla, pero esa busca foi inútil durante
oito anos seguidos.
Nese tempo ela intentou buscar o que quería en rapaces da
súa idade, pero todos a desprezaban porque ela era gorda.
Cando madurou e comezou a ser máis guapa, os rapaces xa lle
facían máis caso, pero, por máis que intentaba
buscar o cariño dun pai en adolescentes, éralle inútil
porque chegou un momento en que se deu conta de que eran só
iso... adolescentes coa cabeza chea de paxaros.
Esta rapaza cando era máis grande asistía a unha actividade
dúas veces á semana, había unha persoa dezaseis
anos maior ca ela, admirábaa moito, era alguén interesante,
unha boa persoa que ela quería coñecer máis.
Un día a rapariga decidiu falar con el e comentoulle que
tiña un problema, el puxo todo o empeño e todas as
ganas por axudala e intentaba que se animara. A rapaza viu dende
ese día algo especial nese home.
Hoxe é o día en que esa rapaza xa ten dezaseis anos
e por fin atopa o amor e cariño que quixo sempre, esa persoa
era e segue sendo coma un pai que sempre quixo ter e que nunca tivo.
Hoxe e aquí ela quérelle comunicar isto:
"Moitas gracias por todo o que fixeches por min e por tratarme
tan ben, gracias por saber que te teño aí e por darme
ese regalo tan valioso chamado cariño dun pai.Gracias"
Finalmente esa rapaza atopou:O amor perdido
Eu tamén quería dicir: que todo o mundo saiba que
non sempre o máis importante nesta vida é ter o amor
dunha parella senón dunha familia que te queira.
|
|