INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
GAÑADORES
 
 

Gañadores de Operación Triunfo I.

ROSA:
Ela chámase Rosa. Vive en "Granáh". É unha muller alta e non moi delgada. Ten o cabelo longo e escuro, os ollos castaños. Destaca un gran sorriso na súa cara, a pesar do corrector dental que usa. Tamén usa lentes de vez en cando.
Gústalle moito maquillarse e sempre vai arregradiña. Viste case sempre con botas ou zapatos negros de tacón, pantalóns vaqueiros e camisetas non moi axustadas por eses pequenos quiliños que lle sobran.
Ela é cantante e foi a Eurovisión, pero para iso tivo que estar nunha academia nun programa de televisión chamado Operación Triunfo. Foi a gañadora e quedou de finalista xunto con David Bisbal, ó que lle chaman "Bisbi", e David Bustamante, ó que chaman "Busta".
Polo que falan, cando sae na televisión, é unha muller alegre, simpática, amable, un pouquiño tímida, traballadora, cariñosa, moi boa amiga...
Aínda que tivo uns problemiñas coa voz é moi boa cantante.
Unha das cousas que máis lle gustan á parte de cantar, é comer "el puchero que le hase su madre".
Frase: "He adelgazao dó o tré kilillo má"
Eu son a fan nº 1 de Rosa.
Noelia Cagide Varela S1A

DAVID BISBAL:

David vive en Almería. É cantante. Ten 24 anos.
É alto e fraco. Ten o cabelo louro como o ouro e rizo como un resorte. Total, parece unha perruca.
Os seus ollos son marróns. Cando sorrí vénselle uns dentes amarelos.
Ás veces leva posto uns pantalóns de coiro negro e unha camisa por fóra do pantalón, desabrochada nos seus tres primeiros botóns. Case sempre calza uns zapatos negros, limpos e brillantes como perlas, que lle axudan a dar esas voltas tan espectaculares que fai e que parece que vai caer.
Gústalle moito bailar e cantar, sobre todo cancións de ritmo.
Cando fai de verdade estas dúas cousas á vez, parece que vai afogar e acaba moi cansado.
A pesares distes defectiños, el é gracioso, artista, agradable, áxil e ten moitísim@s admirador@s
Frase: "¡ Ehto éh incrible!"
Laura Ayude Puga S1A

DAVID BUSTAMANTE:

David vive en San Vicente de la Barquera (Cantabria). El é cantante. É alto e fraco, ten o pelo curto e negro, os seus ollos son negros e ten dous pendentes seguidos na orella. Gústalle levar pantalóns vaqueiros de cor negra.
É gracioso, amigable, chistoso e canta un "pouquiño" desafinado. Non lle gusta moito afinar a súa voz (cústalle moito e chora...)
Ninguén sabe como foi a Operación Triunfo, porque sendo albanel... é un pouco difícil. Pasou dun escenario pequeniño mirando ós edificios a un, moito máis grande e con xente aplaudíndolle.
Os seus mellores amigos da Academia son Alex e Gisela.
Frase: "¡Jo tío, es que no puedo!
Vanessa Cabado Ferreiro S1A


OPERACIÓN TRIUNFO E O SEU ÉXITO

Dende que empezou, hai dous anos, OT, a televisión española (TVE) contou cun grande número de seguidores todos os luns, cando se emitían as galas.
Na primeira edición, quizais os concursantes que máis éxito tiveron foron David Bisbal, Chenoa, David Bustamante, Rosa, o grupo Fórmula Abierta, composto por Geno, Mireia, Javian e Alex, este último substituído por Miguel Ángel Silva, concursante da segunda edición de OT e puxéronlles o listón moi alto ós concursantes da pasada edición, aínda que entre eles coláronse Ainhoa, Manuel Carrasco, Beth, Lunae, Elena Gadel, Marey e Tessa, Tony Santos, Dani Úbeda e, como non, Joán Tena. Destes últimos, hai que dicir que fixeron todo o posible para chegar ata onde están e facerse cun posto no máis alto da música española.
Respecto á audiencia das galas, que se celebraban os luns, os españois preferiron seguir outra programación en diferentes canles, de maneira que iso supuxo un grande descenso de popularidade para os concursantes que naqueles intres se atopaban dentro da Academia.
Para rematar, fareivos unha pregunta: ¿Vós credes que esta terceira edición de "triunfitos" será como a primeira ou, polo contrario, como a segunda?

Ana Vázquez Laíño. 3º ESO-E

 

Inicio

Oferta Educativa